O Burgo, Culleredo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 43°18′57.57″N 8°21′46.12″O / 43.3159917, -8.3628111

O Burgo
Iglesia de Santiago do Burgo.jpg
Igrexa de Santiago do Burgo.
Concello Culleredo
Poboación 8.993 hab. (2016)
Entidades de poboación 2

Santiago do Burgo é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Culleredo. Segundo o IGE en 2016 tiña 8.993 habitantes (4.694 mulleres e 4.299 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 4.803 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Inicios e esplendor[editar | editar a fonte]

No século XII aparece na documentación o chamado Burgo de Faro, seguramente xa existente nos séculos IX e X orixinado polo forzoso traslado da poboación da Coruña a un lugar máis seguro, ao fondo da ría. Foise convertendo nun importante núcleo urbano. Tense dito que a mediados do século XII só as cidades episcopais (Santiago, Mondoñedo, Lugo, Tui e Ourense), e Allariz e O Burgo de Faro (que eran de reguengo), eran os únicos lugares urbanos de Galicia.[1]

Afonso VII (1111-1157), alcumado O Emperador, rei de Galicia, de León, de Castela e de Toledo, concedulle carta puebla e estableceu nel un porto de acollida ao barcos con mercadorías e peregrinos que chegaban do norte de Europa para dirixirse ao Santuario do Apóstolo Santiago, sobre todo aos procedentes dos portos ingleses.[2]

A primacía do porto do Burgo de Faro sobre outros próximos, como o da Coruña, o de Betanzos ou o de Noia, até o século XIII, debeuse á seguridade que os cabaleiros da Orde do Temple ofrecían tanto aos peregrinos como aos comerciantes que alí chegaban. Os templarios levantaron un castelo-fortaleza e unha ermida, situada onde hoxe se encontra a igrexa de Santa María do Temple, no actual concello de Cambre, ao outro lado da ría. Os cabaleiros custodios do Camiño (o camiño inglés) vixiaban desde a fortaleza a chegada dos barcos ao porto, daban acollida, atención e aloxamento aos peregrinos e lles ofrecían protección coa súa presenza na ruta xacobea.[2]

Ademais dos templarios asentáronse no Burgo de Faro freires do mosteiro de Sobrado, que alí tiñan moitas posesións e rendas, entre elas os muíños de Acea de Ama. O Burgo foi tamén moi protexido polo monarca Fernando II, fillo de Afonso VII, así como polos Condes de Traba.[1]

Decadencia[editar | editar a fonte]

A (re)fundación da Coruña a comezos do século XIII, marcaría o comezo do declive do Burgo, aínda que os templarios seguíron potenciándoo até a súa desaparición, no ano 1312.[1]

A ponte medieval do Burgo.

A partir do século XIII, o da Coruña foi o principal porto de acollida para os peregrinos que viñan a Santiago por vía marítima, para realizar desde alí a pé a Ruta que os conduciría até a sé onde repousan, supostamwente, os restos do apóstolo Santiago en Compostela. Ademais, durante bastante tempo, os conflitos vividos por unha Europa convulsa fixeron que a vía marítima se considerase máis segura que as rutas terrestres do camiño francés, do primitivo ou o do Norte, sobre todo mentres durou a Guerra dos Cen Anos (1337-1453). Por outra parte, a florecente actividade económica en moitas cidades portuarias inglesas como Bristol, Southampton ou Plymouth e noutras como Londres contribuíu tamén a que moits dos barcos de merccadorías incluísen no seu pasaxe a viaxeiros que se dirixían a Compostela. O transporte de peregrinos convertrese daquela nun negocio moi lucrativo para os armadores dos portos do sur de Inglaterra, no só polas cantidades que lles cobraban, senón tamén porque as licenzas e salvocondutos que levaban lles permitían realizar interesantes intercambios comerciais, evitando conflitos cos coroa de Castela.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Nesta parroquia atópanse a igrexa románica de Santiago do Burgo, que ten pezas do século XII no seu interior, a ponte do século XV que cruza a ría do Burgo cara do Burgo ao Temple, e os muíños de maré de Acea de Ama, que son do século XII.[3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares do Burgo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia do Burgo no concello coruñés de Culleredo

Acea de Ama | O Burgo

Parroquias de Culleredo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Culleredo

Almeiras (San Xián) | O Burgo (Santiago) | Castelo (Santiago) | Celas (Santa María) | Culleredo (Santo Estevo) | Ledoño (San Pedro) | Orro (San Salvador) | Rutis (Santa María) | Sésamo (San Martiño) | Sueiro (Santo Estevo) | Veiga (San Silvestre)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,2 Mercado Templario do Burgo de Faro en culleredoturismo.
  2. 2,02,1 O Burgo na Xacopedia.
  3. Concello de Culleredo (eds.). "Descubre Culleredo". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=O_Burgo,_Culleredo&oldid=4834440"