O arame

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O arame
FormaÓpera
Actos e escenas1 acto
Idioma orixinal do libretoGalego
LibretistaManuel Lourenzo
Fontes literariasCamiñar polo arame cunha lata de cervexa de Manuel Lourenzo
Estrea13 de setembro do 2008
Teatro da estreaTeatro Colón
Lugar da estreaA Coruña
Duración1 hora e 15 minutos
Música
CompositorJuan Durán

O arame é unha ópera de cámara nun acto con música de Juan Durán sobre un libreto en galego de Manuel Lourenzo, procedente do texto do propio Lourenzo Camiñar polo arame cunha lata de cervexa.[1] A súa estrea tivo lugar no Teatro Colón da cidade da Coruña o 13 de setembro de 2008 baixo a batuta do director compostelán Maximino Zumalave á fronte do Grupo Instrumental Siglo XX. Trátase da primeira ópera galega do século XXI e a segunda da historia.[2]

É a segunda ópera galega da historia, tras O Mariscal (1929). Conta a historia de dous vellos cómicos que regresan ó seu lugar de orixe, o mar de Fisterra, para reflexionar sobre o sentido do seu paso polo mundo.

Historia[editar | editar a fonte]

Estrea[editar | editar a fonte]

O escenario do Teatro Colón da Coruña viu a estrea da ópera de Juan Durán o 13 de setembro de 2008.

A súa estrea foi o 13 de setembro do 2008 no Teatro Colón da cidade da Coruña dentro do LVI Festival de Ópera da Coruña nunha produción da Asociación de Amigos da Ópera da Coruña co propio Manuel Lourenzo como director de escena.[3] A ópera foi Premio da Crítica de Galicia en 2009.[4] A música na estrea foi interpretada polo Grupo Instrumental Siglo XX (agrupación integrada por algúns instrumentistas da Orquestra Sinfónica de Galicia) baixo a batuta do galego Maximino Zumalave. Na ópera hai unicamente dous cantantes, unha soprano (na estrea a propia irmá do compositor, Carmen Durán) e un barítono (na estrea Javier Franco) e na escenificación aparecen tamén dous bailaríns.[3][1]

Representación posteriores[editar | editar a fonte]

Representouse en Oxford no Reino Unido o 26 de xuño de 2017,[5] con subtítulos en inglés. A súa estrea debeuse a unha coprodución do Centro de Estudos Galegos John Rutherford da Universidade de Oxford e XOGA (Xove Ópera Galega-Galician Youth Opera).

Argumento[editar | editar a fonte]

Labarta e Gloria son unha parella de titiriteiros que no final das súas vidas reflexionan sobre a vida e a arte nunha idílica paisaxe fronte o mar. Mentres Gloria perdeu toda esperanza, Labarta confía en poder subir de novo ao arame e ser de novo o que foi.[2]

Instrumentación[editar | editar a fonte]

A partitura de Wagner require da utilización de:

Instrumentación de O arame
Madeiras
1 frauta travesa, 1 óboe, 1 clarinete, 1 fagot.
Metais
1 trompa.
Percusión
Timbais.
Cordas
4 violín, 2 violas, 2 violonchelos, 1 contrabaixo

piano

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 García Balado, Ramón (4 de marzo de 2009). "'O Arame', ópera de Juan Durán". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 18 de setembro de 2019. 
  2. 2,02,1 "El Teatro Colón de A Coruña estrena la ópera gallega 'O arame'". Diario de Pontevedra (en castelán). 13 de setembro de 2008. Consultado o 26 de xuño de 2017. 
  3. 3,03,1 ""O arame”" (en castelán). Consultado o 18 de setembro de 2019. 
  4. "Juan Durán". Fundación Premios da Crítica Galicia. Consultado o 18 de setembro de 2019. 
  5. Pérez Pena, Marcos (26 de xuño de 2017). "A ópera galega 'O Arame' representarase no Reino Unido en xuño". eventbrite.co.uk. Consultado o 26 de xuño de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=O_arame&oldid=5256051"