O cidadán do mes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O cidadán do mes
Autor/aDiego Ameixeiras
CubertaMiguel López Calzada
OrixeGaliza
Linguagalego
Xénero(s)Novela negra
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.xaneiro de 2006
Formato14,5 x 22 cm.
edición rústica cosida a fío
Páxinas212
ISBNISBN 978-84-9782-384-5
Precedido porBaixo mínimos

O cidadán do mes é unha novela negra de Diego Ameixeiras, publicada por Edicións Xerais en xaneiro de 2006. É a segunda da saga protagonizada polo detective Horacio Dopico.

Argumento[editar | editar a fonte]

Sonia Bouzas solicita ao detective que atope ao seu marido, vixilante desaparecido, trala súa desaparición, a cambio de 6.000 €. Porén, tirando do fío, descobre que está sendo utilizado. Unha escura trama onde de novo aparece o terrorismo do GIA (Grupo Independentista Armado), desta volta relacionado coa corrupción política e a recualificación urbanística.

Estilo[editar | editar a fonte]

Ambientada de novo en Ourense, o detective segue a enfrontarse ao recordo da súa muller, ademais de sufrir a dor de que a súa parella o deixe polo seu mellor amigo. Porén, decide afrontar a realidade e, malia a dura calor de agosto, tirar para adiante.

Desta volta é axudado polo seu novo veciño: Porter, un xornalista de sucesos que escoita a Nick Cave e The Homens. Malia a compañía da súa Smith & Wesson, recibe de novo algunha boa malleira. De novo, é frecuente a compañía do whisky, o licor café e a cocaína.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=O_cidadán_do_mes&oldid=5038584"