O lapis do carpinteiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O lapis do carpinteiro
Castelo de San Antón A Coruña.JPG
Castelo de San Antón, na Coruña. Un dos principais lugares onde se desenvolve a trama.
Título orixinalO lapis do carpinteiro
Autor/aManuel Rivas
IlustradorXosé L. de Dios
CubertaMiguel Vigo
OrixeGalicia Galiza
LinguaGalego
ColecciónNarrativa
Tema(s)Historia de amor en tempos de guerra
Xénero(s)Narrativa
EditorialEdicións Xerais de Galicia
Data de pub.1998
Formato14,60 x 22,10
Páxinas148
ISBNISBN 84-8302-261-3

O lapis do carpinteiro é unha novela do escritor galego Manuel Rivas, publicada en 1998 en galego por Edicións Xerais.

Argumento[editar | editar a fonte]

No cárcere de Santiago de Compostela, en plena Guerra Civil, un pintor debuxa o Pórtico da Gloria cun lapis de carpinteiro, reflectindo os rostros e a desesperación dos seus compañeiros de presidio. O gardián Herbal, o seu futuro asasino, obsérvao todo. A partir desta escena, o Lapis de Manuel Rivas conta unha historia onde o amor entre o médico republicano Daniel da Barca e Marisa Mallo logra gañar á desesperación.

Base histórica[editar | editar a fonte]

Parte do argumento esta baseado nas historias do debuxante Camilo Díaz Baliño e do médico Francisco Comesaña Rendo e a súa muller Ascensión Concheiro García.

Adaptacións da novela[editar | editar a fonte]

O cárcere da Coruña, outro dos lugares onde se desenvolve a trama.

Ao cine[editar | editar a fonte]

A película baseada no libro, dirixida por Antón Reixa e protagonizada por Tristán Ulloa, María Adánez e Luís Tosar foi estreada en 2003 e seleccionada para presentarse nos Premios Goya da Academia Española do Cine. A Película foi gañadora do Premio Mestre Mateo á mellor longametraxe, e algúns dos seus protagonistas como Luís Tosar e María Pujalte recibiron os Premios Mestre Mateo 2003 á mellor interpretación masculina e á mellor actriz secundaria.[1]

Ao teatro[editar | editar a fonte]

Tamén foi adaptada ao teatro polo grupo Sarabela que a estreou en Ourense no ano 2000[2], e que continuaron cunha exitosa xira por toda Galicia[3] e fóra dela, superando os 25.000 espectadores, e pola que recibiron 8 Premios María Casares.

Premios[editar | editar a fonte]

A obra foi premiada cos seguinte premios:

Traducións[editar | editar a fonte]

O lapis do carpinteiro é a obra en galego máis traducida do país[4].

Ao castelán[5] e ao neerlandés[6] en 1998; ao alemán[7], francés[8], italiano[9] e portugués[10] en 2000; ao inglés[11], finlandés, árabe[12] e turco[13] en 2001; ao brasileiro[14], polaco[15] e grego en 2002; ao catalán[16], noruegués e inglés (para os Estados Unidos[17] en 2003; ao ruso[18] en 2004; ao hebreo en 2005, ao esloveno[19] en 2006; ao búlgaro en 2009[20] e 2010[21]; ao serbio[22] e romanés[23] en 2011.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Segundo Edicións Xerais, con motivo da publicación neste ano dunha edición especial d' O Lapis do carpinteiro (Edición XXV aniversario)

O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas é a novela galega contemporánea máis apoiada polos lectores. Publicada en 1998, dende entón, conta con dezanove edicións e case setenta mil exemplares vendidos en lingua galega, ademais de constituír a obra máis traducida da literatura galega[24]

O DVD da película ten a opción de ver a película comentada por Antón Reixa e Manolo Rivas. Nunha das escenas da película, preto da Torre de Hércules, Manolo Rivas fai o papel dun preso que é fusilado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gañadores dos Premios Mestre Mateo 2003 Arquivado 10 de maio de 2006 en Wayback Machine..
  2. "Páxina de Sarabela Teatro". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2009. Consultado o 03 de xaneiro de 2008. 
  3. "Sarabela Teatro representará en Vigo a obra O Lapis do Carpinteiro" Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 14 de setembro de 2000
  4. Gran Enciclopedia Gallega. Tomo 38, páx. 236 e 237.
  5. Ficha en BiTraGa.
  6. Ficha en BiTraGa.
  7. Ficha en BiTraGa.
  8. Ficha en BiTraGa.
  9. Ficha en BiTraGa.
  10. Ficha en BiTraGa.
  11. Ficha en BiTraGa.
  12. Ficha en BiTraGa.
  13. Ficha en BiTraGa.
  14. Ficha en BiTraGa.
  15. Ficha en BiTraGa.
  16. Ficha en BiTraGa.
  17. Ficha en BiTraGa.
  18. Ficha en BiTraGa.
  19. Ficha en BiTraGa.
  20. Ficha en BiTraGa.
  21. Ficha en BiTraGa.
  22. Ficha en BiTraGa.
  23. Ficha en BiTraGa.
  24. Páxina da Editorial Xerais relativa a obra de Manuel Rivas

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Araguas, Vicente; et al. (2003). Gran Enciclopedia Gallega, Tomo 38, páx. 236, 237. ISBN 84-87804-40-3. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=O_lapis_do_carpinteiro&oldid=4920499"