O pobo da noite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O pobo da noite
Autor/aManuel Rivas
CubertaMiguel Vigo
OrixeGaliza
LinguaGalego
Tema(s)Antoloxía poética
Xénero(s)Poesía
EditorialEdicións Xerais de Galicia
Data de pub.1996
Formato13,40×21,00
Páxinas166
ISBNISBN 84-8302-039-4

O pobo da noite é unha antoloxía poética, publicada por Manuel Rivas no ano 1996 coa Editorial Xerais, conxuntamente cun CD onde o autor recita 12 dos poemas que contén dita obra.

Características[editar | editar a fonte]

Consiste nunha selección realizada polo propio Rivas da poesía publicada por el entre os anos 1980 e 1995, acompañada pola música de César Morán. Concretamente, os poemas que podemos atopar nesta obra pertencen ás seguintes obras:

  • Libro do Entroido (1980). O poema "Pra escarnho e mal dizer" foi Premio de Poesía Nova do Facho.
  • Balada nas Praias do Oeste (1985)
  • Mohicania (1986)
  • Ningún cisne (1989). Premio Leliadoura.
  • Costa da Morte Blues (1995)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=O_pobo_da_noite&oldid=4717568"