Observatorio Europeo Austral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Observatorio Austral Europeo")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A sede en Garching, Alemaña.
Estados membros
Estados membros

O Observatorio Europeo Austral (en inglés European Southern Observatory: ESO ou formalmente the European Organisation for Astronomical Research in the Southern Hemisphere)[1] é un organismo europeo dedicado á astrofísica que foi creado no ano 1962.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Imaxe da Vía Láctea subministrada por ESO
Imaxe da Vía Láctea subministrada por ESO

Citado na súa web como a 'principal organización intergobernamental de astronomía en Europa e o observatorio astronómico máis produtivo do mundo', na actualidade está integrado por 16 estados europeo: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Finlandia, Francia, Países Baixos, Italia, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Suecia e Suíza. Brasil esta en proceso de ratificación como membro sendo o primeiro pais non europeo á marxe de Chile que non sendo estado membro é unha das sedes[2][3]. As súas oficinas centrais están en Garching, preto de Múnic, ademais dunha oficina en Santiago de Chile.

ESO opera en Chile dende novembro de 1963 por convenio co goberno chileno (arredor dun 10% do tempo de observación é para astrónomos dese país). No deserto de Atacama ten tres observatorios astronómicos:

  • Observatorio de La Silla, (dende 1969) a 600 km ó norte de Santiago e 2400 msnm.
  • Observatorio de Paranal, en cerro Paranal a 2600 msnm, onde está o sistema VLT.
  • Radiotelescopio APEXEl no Llano de Chanjnantor a 5000 msnm, e a rede de antenas submilimétricas de 12 m Atacama Large Millimeter Array (ALMA, en construción).

Fitos[editar | editar a fonte]

No 2019, obtense a primeira fotografía dun burato negro, con participación de ESO.[4]

Os observatorios de La Silla e Cerro Paranal tiveron importancia no descubrimento de novos planetas extrasolares, tema galardoado co Premio Nobel de Física 2019.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Observatorio_Europeo_Austral&oldid=5272036"