Olga Nikolaevna Romanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Olga Nikolaevna Romanov")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Olga Nikolaevna Romanova
Gran duquesa de Rusia
Grand Duchess Olga Nikolaevna of Russia.jpg
A gran duuqesa Olga Nikolaevna en 1913.

Nacemento 15 de novembro de 1895
Tsarskoe Selo, Rusia Imperio ruso
Falecemento 17 de xullo de 1918 (22 anos)
Casa Ipatiev, Ekaterimburgo Rusia RSFS de Rusia
Proxenitores Nicolao II de Rusia
Alix de Hesse-Darmstadt

Escudo de Olga Nikolaevna Romanova

Olga Nikolaevna Romanova (en ruso: Ольга Николаевна), nada en Tsarskoe Selo o 3 de novembroxul./ 15 de novembro de 1895greg. e finada en Ekaterimburgo o 17 de xullo de 1918, foi unha gran duquesa rusa, filla primoxénita do tsar Nicolao II de Rusia e a súa muller Alexandra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante a súa vida, o futuro matrimonio da gran duquesa foi obxecto de grande especulación no imperio. Algúns rumores a relacionaban co gran duque Demetrio Pavlovich de Rusia, Carlos de Romanía, Eduardo de Gales, e con Alexandre de Serbia. A propia Olga anunciou en varias ocasións a súa intención de casar cun ruso e permanecer no país. Durante a Primeira Guerra Mundial, Olga traballou como enfermeira ao cargo dos soldados feridos nun hospital militar montado en Tsarskoe Selo, ata que tivo que deixalo por mor dos nervios e pasou a adicarse ás tarefas administrativas.[1]

A súa morte tivo lugar trala revolución rusa de 1917 e a chegada ao poder dos bolxeviques. A familia imperial foi exiliada a Ekaterimburgo onde foi asasinada a noite do 17 de xullo de 1918. Os restos da familia foron atopados trala caída da Unión Soviética e sepultados en 1998 na catedral de san Pedro e san Paulo de San Petersburgo. A Igrexa ortodoxa rusa canonizou a Olga, xunto ao resto da súa familia como mártires portadores da paixón.[2]

Devanceiros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Buxhoeveden, Sophie. "The Life and Tragedy of Alexandra Feodorovna: Empress of Russia". alexanderpalace.org. Consultado o 5 de xuño de 2018. 
  2. Shevchenko, Maxim (May 31, 2000). "The Glorification of the Royal Family". Nezavisimaya Gazeta. Arquivado dende o orixinal o August 24, 2005. Consultado o December 10, 2006. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Olga_Nikolaevna_Romanova&oldid=4782152"