Olimpia Valencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Olimpia Valencia
Olimpia Valencia 1922.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1922.
Nome completo Olimpia Valencia López
Nacemento 14 de decembro de 1898
  Galiza Baltar, Ourense, Galiza
Falecemento 10 de xullo de 1987
  Vigo
Nacionalidade España Española
Educada en Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación Médica
editar datos en Wikidata ]

Olimpia Valencia López, nada en Baltar o 14 de decembro de 1898 e falecida en Vigo o 10 de xullo de 1987, foi a primeira galega titulada en Medicina[1]. Foi especialista en xinecoloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era a única filla de Anacleto Valencia Lama, industrial hostaleiro que en 1910 se traslada a Vigo coa familia. Realizou os estudios de bacharelato no Insituto de Pontevedra[2]. Estudou Maxisterio, preparándose por libre na Academia Minerva. Sen vocación para a docencia, decide facerse médica. En 1919 marcha a Santiago para cursar a carreira de Medicina, licenciándose en 1925,[3] con premio extraordinario e dezanove matrículas de honra[4]. Nese mesmo ano foi a Madrid a facer a tese de doutoramento, que presenta en 1930 co título: La colesterinemia en la sangre en relación con la anestesia quirúrgica[5] que foi dirirxida polo doutor Sebastián Recaséns da Cátedra de Obstetricia de Madrid.[6]

En Madrid, botou tres anos aloxada na Residencia de Señoritas da rúa Fortuny, onde tamén vai exercer outras funcións para gañar unha bolsa co fin de custearse a estancia. No curso 1926-27 impartiou clases de cultura xeral ás residentas. No seguinte curso foi nomeada médica titular do Instituto Escuela, institución docente experimental xurdida do contorno da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas.[5]

Etapa en Vigo[editar | editar a fonte]

En 1928 trasládase a Vigo. Pon en marcha un consultorio de medicina xeral e de xinecoloxía, na rúa do Príncipe número 11[7], onde vai exercer a profesión ata a súa xubilación, non exenta de dificultades ao principio pola súa condición de muller. Olimpia mantén conexión coa investigación e preocúpase por contactar coas técnicas e os avances médicos que se estaban a dar no estranxeiro, en 1929 solicita unha bolsa á Junta para Ampliación de Estudios para ampliar coñecementos en clínicas xinecolóxicas de Alemaña e Suíza[5].

Foi unha das fundadoras da Academia Médico-Quirúrgica de Vigo (1930), institución onde chegou a ser vicepresidenta (1935)[5]. Como investigadora, presentou un relatorio nas I Jornadas Médicas Gallegas (A Coruña, 1929). En 1934 fixo unha comunicación na Academia de Vigo (La mujer gallega ante el homenaje a Paz Pardo). Tamén foi membro fundadora da Alianza Francesa de Vigo[8].

Muller de inquietudes culturais, vencellada a Galicia, tivo relación con varios recoñecidos intelectuais e galeguistas, como Valentín Paz-Andrade, Álvaro das Casas ou Ramón Fernández Mato. Aceptou encabezar en xuño de 1931 un chamamento de apoio aos candidatos galeguistas da provincia de Pontevedra e outro en xuño de 1936 en prol do SI no Plebiscito do Estatuto Galego, ambos os dous documentos estaban asinados só por mulleres. En febreiro de 1937 foi detida e pasou catro días no cuartel da Garda Civil acusada de pertencer ao Partido Galeguista e de ter trato con xente de esquerdas[9]. Os bos informes sobre o seu comportamento e un "donativo" conseguiron que saíse en liberdade[10]. Os anos seguintes foron de gran dureza: acusada de "roja", moitas persoas deixaron de ir á súa consulta. Na década de 1940 conseguiu un posto na Seguridade Social e xubilouse na década de 1960.

Formaba do parte do comité organizador das Jornadas Médicas Galaico-Portuguesas celebradas en 1958.[11]

Olimpia Valencia seguiu a traballar con máis de oitenta anos na súa consulta particular, na liña dunha vida austera dedicada á profesión e ao estudo. Morreu no verán do ano 1987.[8]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Foi nomeada filla predilecta de Baltar en 2017.[10]
  • No edificio onde tivo a súa consulta foron colocadas dúas placas conmemorativas, unha por parte do Concello de Vigo e outra pola Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA)[12]
  • O centro de investigacións biomédicas da Universidade de Vigo leva o seu nome[13].
  • Na parroquia viguesa de Oia hai unha rúa que leva o seu nome.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cid Galante, Rosa María (2007). "As primeiras ourensás ante o reto de educación universitaria (1900-1930) (I)". Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía (11): 139–156. ISSN 1131-5989. 
  2. Cid Galante, Rosa María (2004). "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria. (1900-1940) (II)". Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía (XII): 73–102. ISSN 1131-5989. 
  3. Rey Albite (3 xuño 1925). "Nuevos médicos". El Correo gallego : diario político de la mañana (16816): 4. 
  4. [n.a.] (17 xuño 1923). "Triunfo de una viguesa: Olimpia Valencia". Galicia : diario de Vigo (279): 1. 
  5. 5,05,15,25,3 Gurriarán, Ricardo. "Olimpia Valencia. Baltar 1898 - Vigo 1987: A primeira doutora galega". Album da JAE. Consultado o 10 marzo 2018. 
  6. Gurriarán, Ricardo (2006). Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940). Universidade de Santiago de Compostela. p. 537. ISBN 9788497506441. 
  7. Carballeira, Juan (28 xaneiro 1930). "Como trabaja la mujer en Galicia : gallegas insignes". Estampa. 
  8. 8,08,1 Pérez Pais, Carmen. "Olimpia Valencia:A primeira galega licenciada en Medicina pola USC". Álbum de Mulleres. Consultado o 10 marzo 2018. 
  9. "Olimpia Valencia López". Nomes e Voces. Consultado o 10 marzo 2018. 
  10. 10,010,1 Montero, Tamara (23 febreiro 2018). "Olimpia Valencia, la primera gallega licenciada en Medicina". La voz de Galicia (edición dixital). 
  11. [n.a.] (10 xullo 1958). "Comites de las Jornadas Médicas Galaico-Portuguesas". La Noche : único diario de la tarde en Galicia (11643). 
  12. "La sociedad médica honra con una placa a Olimpia Valencia, primera licenciada en Medicina de Galicia". 27 novembro de 2017. Consultado o 10 marzo 2018. 
  13. "Vigo inaugura o centro de investigación Olimpia Valencia". GCiencia: O portal da ciencia galega. Consultado o 10 marzo 2018. 
  14. De Los Ríos conde, Alexandre (23 febreiro 2018). "Olimpia Valencia, la primera médica de Galicia". Via Lethes. Consultado o 10 marzo 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Olimpia_Valencia&oldid=4883978"