One Armed Scissor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
"One Armed Scissor"
sinxelo de At the Drive-In
do álbum Relationship of Command
Lanzamento 7 de agosto do 2000
Formato {{{formato}}}
Gravada
Xénero musical post-hardcore
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 3:45
Discográfica Grand Royal
Produtor(es) Ross Robinson
Escritor(es)
Cronoloxía
- "One Armed Scissor" "Rolodex Propaganda"
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"One Armed Scissor" é un tema da banda estadounidense de post-hardcore At the Drive-In, editado como primeiro sinxelo do seu álbum Relationship of Command. Foi a primeira canción do grupo que apareceu regularmente nun bo número de emisoras de radio. Esta é unha das cancións máis coñecidas de At the Drive-In e foi o su único sinxelo en entrar nas listas, acadando o posto 26 na Billboard Modern Rock Tracks.

O seu video musical contén imaxes de directos e de xiras. Unha segunda versión foi tamén editada para o recompilatorio This Station Is Non-Operational, e contén máis imaxes de concertos, así como videos no estudio.

Segundo unha entrevista concedida a Channel V, un "one-armed scissor" é unha mestura de "red bull e vodka", e a canción trata sobre as súas xiras contadas por unha personaxe chamada one armed scissor.

Esta canción, xunto coa cara-B "Incetardis", foi escollida para formar parte do recompilatorio This Station Is Non-Operational, que foi titulado así por unha frase da letra de "One Armed Scissor".

"One Armed Scissor" aparece nos videoxogos Guitar Hero World Tour e Rock Band 3 como canción xogable.

O tema é parcialmente versionado polo grupo Paramore nos finais da interpretación da súa canción "Here We Go Again"

"One Armed Scissor" foi colocada no posto 255 na lista de Pitchfork Media da 500 mellores cancións dos anos 2000. Tamén foi número 1 na lista de Alternative Press dos 100 mellores sinxelos da década.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "One Armed Scissor" – 3:45
  2. "Pattern Against User" – 3:18
  3. "Incetardis" – 3:26
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=One_Armed_Scissor&oldid=4043551"