Ordes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 43°4′36″N 8°24′26″O / 43.07667, -8.40722

Ordes
Bandeira de Ordes---Escudo de Ordes
Ordes - concello - 4.jpg
Casa do Concello.
Situacion Ordes.PNG
Situación
Xentilicio[1] ordense
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca de Ordes
Poboación 12.580 hab. (2017)
Área 157,3 km²
Densidade 79,97 hab./km²
Entidades de poboación 13 parroquias
Capital do concello Ordes
Política (2015)
Alcalde José Luis Martínez Sanjurjo (PPdeG)
Concelleiros BNG: 3
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 1
Outros: UxO - 6
Eleccións municipais en Ordes
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 76,25%
Na rede
concellodeordes.com
administracion@concellodeordes.com

Ordes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Segundo o IGE en 2014 tiña 12.844 habitantes (12.868 no 2010, 12.294 no 2006, 12.272 no 2005, 12.287 no 2004, 12.266 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ordense».

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ordes atópase nunha chaira a medio camiño entre Compostela e A Coruña. A altura sobre o nivel do mar oscila entre os 461 m nos montes do sur e os 450 m no norte e neste sentido flúen os cursos de auga, que desembocan case todos no río Tambre. O máis importante é o río Lengüelle, que baixa polo oeste marcando o límite co concello de Tordoia. Os regatos da parroquia de Ardemil desembocan no río Barcés. O terreo está formado por unha unidade xeolóxica de xistos denominada Xistos de Ordes.

O concello ocupa 157 km² e un terzo da poboación reside na capital, Ordes. Está atravesado pola N-550, a AP-9 e polo ferrocarril entre A Coruña e Compostela.

As precipitacións son abondosas e superan os 1.500 mm anuais. A temperatura media é de 13 °C, se ben xea todo o ano excepto no verán. Boa parte do territorio está ocupado por lameiros e bosques de eucaliptos.

Mancomunidade de Ordes[editar | editar a fonte]

Ordes é a capital da Mancomunidade de Ordes, composta tamén polos concellos de Trazo, Tordoia, Cerceda, Mesía, Frades e Oroso, cun total de 39.004 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Da época castrexa destacan o castro de Ceidón e o castro de Gosende nas proximidades do núcleo urbano, posuíndo todo o concello unha alta cantidade deste tipo de sitios arqueolóxicos.

Durante a Idade Media fixo parte do condado de Trastámara, e posteriormente dividiuse entre a xurisdición de Folgoso, do conde de Altamira, o couto de Faramilláns e as xurisdicións de Gorgullos e Montaos. Montaos foi doado por Afonso VII á catedral de Santiago de Compostela en 1124.

En 1544 Filipe II, de camiño a Compostela, fixo noite na Calle, na parroquia de Poulo, feito do que deixa constancia unha inscrición no lintel da porta.

O xeneral Juan Díaz Porlier tamén pasou a noite en Ordes, onde foi feito prisioneiro. Durante a guerra civil de 1833 producíronse enfrontamentos entre liberais e absolutistas e en 1846 pasou Miguel Solís coas tropas do Exército Libertador de Galicia.

Entre 1878 e 1880 editouse en Ordes o semanario El Fomento.

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo total 2014 12.844 habitantes
Menores de 15 anos 1.759 (13.7 %)
Entre 15 e 64 anos 8.262 (64.32 %)
Maiores de 65 anos 2.823 (21.98 %)
Evolución da poboación de Ordes   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017
7.260 8.205 10.450 11.076 12.287 12.868 12.948 12.963 12.939 12.844 12.776 12.669 12.580
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Economía[editar | editar a fonte]

Durante a década de 1960 produciuse unha emigración cara ás cidades máis próximas e cara a Europa, que freou na década de 1970. Na actualidade, un cuarto da poboación adícase ao sector primario (especialmente gando bovino para o sector lácteo).

No que se refire ó sector secundario ou industrial, destaca o sector téxtil e a construción. Segundo a web do Concello de Ordes, en 2011 había rexistradas 21 empresas adicadas á produción téxtil.

O sector terciario concéntrase na capital do concello e destacan empresas de comercio polo miúdo que dan servizo non só a Ordes senón tamén ós Concellos da Mancomunidade de Ordes, cun sector comercial máis reducido.

Feiras[editar | editar a fonte]

  • Feira semanal (ten lugar tódolos mércores) que ten lugar a entre a Rúa do Muíño e a Rúa da Feira, zona máis coñecida como o Campo da Feira.
  • Feira Multisectorial Expofegasa. Están representados distintos sectores (téxtil, agrícola queixo). Ten carácter anual e sempre coincide coa Festa do Champiñón.
  • Feira de Cans no Mesón do Vento. É unha feira de carácter anual de cans de caza.

Cultura[editar | editar a fonte]

Museos[editar | editar a fonte]

Agrupacións folclóricas[editar | editar a fonte]

  • Sementes da arte
  • A.C.Camiño Real, na parroquia de Poulo.
  • Os Viqueiras de Ordes.

Asociacións culturais[editar | editar a fonte]

  • Asociación de usuarios de Linux "Inestable"
  • Tarandeira: asociación cultural e de tempo libre, especialmente de sendeirismo.

Banda de música[editar | editar a fonte]

  • Asociación Cultural "Amigos da Música" de Ordes

Grupos musicais[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • A Catorce

Festivais de música[editar | editar a fonte]

  • En Ordes, Festival Brincadeira. As primeiras edicións do Festival Brincadeira celebráronse no Concello de Ordes pero a partir do ano 2012 pasou a celebrarse noutros concellos.
  • Na parroquia de Poulo, festival Meigas fóra.
  • Na parroquia de Santa Cruz de Montaos, festival Revoltosa Rock.
  • En Ordes, festival de Jazz, organizado pola escola de música.

Festivais de arte urbana[editar | editar a fonte]

  • Desordes creativas na vila de Ordes

Festivais de curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • Festival Cinestable en Ordes. Único festival a nivel estatal de curtametraxes con licenza Creative Commons.

Festas gastronómicas[editar | editar a fonte]

  • Festa do champiñón. Ten lugar en Ordes, xeralmente a última fin de semana de abril. Vense celebrando dende 1989 e coincide no tempo coa Feira Multisectorial Expofegasa.
  • Festa do lacón. Ten lugar no Mesón do Vento.

Deportes[editar | editar a fonte]

En Ordes, de forma federada pódense practicar diversos deportes como o fútbol, fútbol sala, hóckey a patíns, tenis de mesa ou pádel. A pesar de non haber ningún club de tríatlon, é salientable que o triatleta ordense Iván Raña chegou a ser campión do mundo. Foi o primeiro triatleta galego en conseguir un campionato do mundo da especialidade, o primeiro en vencer nunha proba da Copa do Mundo e en participar nuns Xogos Olímpicos.

Clubs de fútbol[editar | editar a fonte]

Clubs de Hóckey a patíns[editar | editar a fonte]

  • Club Patín Ordes, é o club máis laureado do concello, con numerosos títulos en categorías masculina e feminina.

Clubs de Pádel[editar | editar a fonte]

  • Pádel Ordes

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Ordes.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ordes

Ardemil (San Pedro) | Barbeiros (Santa María) | Beán (Santa María) | Buscás (San Paio) | Leira (Santa María) | Lesta (Santo André) | Mercurín (San Clemente) | Ordes (Santa María) | Parada (Santa Mariña) | Pereira (Santaia) | Poulo (San Xulián) | Santa Cruz de Montaos (Santa Cruz) | Vilamaior (Santiago)

Lugares de Ordes[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ordes vexa: Lugares de Ordes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ordes&oldid=4904997"