Os escuros soños de Clío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os escuros soños de Clío
Os escuros soños de Clío, Edicións do Cerne.jpg
Título orixinal Os escuros soños de Clío
Autor/a Carlos Casares
Ilustrador non ten ilustracións
Cuberta varios (segundo edición):
Egon Schiele etc
Orixe Galicia
Lingua Galego
Colección varias, p.ex.:
«Colección Minor» (Cerne)
«Biblioteca Carlos Casares»
Tema(s) ficción histórica, fantasía, superstición relixiosa
Xénero(s) Prosa literaria: relatos breves
Editorial Edicións do Cerne e Galaxia
Data de pub. 1979
Páxinas 112 ~ 140 [1]
ISBN ver: "Edicións"
Precedido por Xoguetes para un tempo…
Seguido por Ilustrísima

Os escuros soños de Clío, é un libro de narrativa, composto por doce relatos, en galego, do ourensán Carlos Casares Mouriño. Publicado por vez primeira por Edicións do Cerne en 1979 e despois en varias ocasións pola Editorial Galaxia, foi traducido a media ducia de linguas.

Son bromas gastadas á Historia con enxeño xoguetón e perspicaz, cunha graza de fondas raíces que, se unha se enrosca no corazón a outra se crava na intelixencia, e dá ese resultado indefinible que é a flor da literatura

Gonzalo Torrente Ballester sobre Os escuros soños de Clío

Descrición[editar | editar a fonte]

Adicado a Ramón Piñeiro e considerado pola crítica unha das mellores obras de Casares, toma o nome de Clío, a musa da Historia na mitoloxía grega.

En doce contos, presuntamente baseados en referencias bibliográficas, o autor describe un mundo do pasado, mesturando superstición relixiosa, ficción histórica, verdade, fantasía e humor, cunha clara intención paródica.

Os títulos das narracións que inclúe o texto son:

"Dous Normandos"
"Luís de Morgade, curador de don Carlos II o Enfeitizado"
"O alquimista Caaveiro"
"O avisador e o avisado"
"O xudeu Xacobe"
"Un enigma histórico"
"De cando executaron a Porlier"
"Cagliostro en Compostela"
"Un escritor didáctico"
"Un fidalgo fernandino"
"San Pedro Novo"
"O republicano de Francelos"

O libro foi Premio da Crítica Galicia á mellor creación literaria en 1980.[2]

Tudo o que vemos é outra coisa.
          Fernando Pessoa (cita inicial no libro)

Edicións[editar | editar a fonte]

En 1979 e 1980 publicouse por Edicións do Cerne.[3]

En 2002 incluíuse na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia, co n.º 58, ISBN 84-9757-018-9 / ISBN 84-8288-515-4.

Detalle de Zwei Mädchen de Egon Schiele, 1911. Esta é a imaxe da portada na «Biblioteca Carlos Casares».[4]

En decembro de 2006 pasou a formar parte da colección «Biblioteca Carlos Casares» de Galaxia, ISBN 978-84-8288-961-0.[1]

Traducións

A obra completa foi traducida ao castelán (por Xesús Rábade Paredes, Alfaguara, 1984, ISBN 84-204-8019-3),[5] ao francés (Éditions Seveirat), ao ruso (trad. Alexander Sádukov, ed. Ráduga), ao ucraíno, ao italiano (Giulia Lanciani, Gli oscuri sogni di Clio, Japadre, 1989, ISBN 8870061913) e ao asturiano (Pablo Antón Marín Estrada, 2003).[6]

Así mesmo, foron traducidos ao alemán en 1994, por Elke Wehr, dous dos relatos: "O xudeo Xacobe" ("Der Jude Jakob") e "Un enigma histórico" ("Ein historisches Rätsel").[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Os_escuros_soños_de_Clío&oldid=4339438"