Monumento ao traballo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Os redeiros")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os redeiros.

O Monumento ao traballo, tamén chamado Os redeiros ou popularmente Os forzudos[1] é un grupo escultórico de 1991 obra do ourensán Ramón Conde que está situado no bulevar ao comezo da avenida da Gran Vía case no cruzamento coa Rúa de Urzáiz, na cidade de Vigo.

Características[editar | editar a fonte]

Está formado por sete mariñeiros pelados e moi rexos feitos en bronce que puxan dunha rede que sae dun mar representado por un encoro con chafarices a xeito de fonte. O grupo escultórico ten unha lonxitude de 8,50 metros; 2,50 de alto e 3 de largo.[2] A escultura fica nunha plataforma de formigón revestida de granito, e arrodéase do encoro mencionado. Esaxeráronse moito os riscos dos homes para representar a forza e o esforzo da xente do mar cunha gran musculatura.

A súa elaboración comezou no ano 1987, e rematou nunha fundición madrileña en 1990.

Significado[editar | editar a fonte]

Ramón Conde é unha das figuras máis salientábeis da arte galega do século XX, e con esta obra quixo facer unha homenaxe á forza dos traballadores do mar.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Monumento_ao_traballo&oldid=4637617"