Oswald Spengler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Oswald Spengler
Bundesarchiv Bild 183-R06610, Oswald Spengler.jpg
Nacemento 29 de maio de 1880
  Blankenburg
Falecemento 8 de maio de 1936
  Múnic
Soterrado Nordfriedhof
Nacionalidade Alemaña
Educado en Universidade de Halle-Wittenberg
Ocupación escritor, historiador, filósofo, sociólogo, matemático e profesor de secundaria
editar datos en Wikidata ]

Oswald Spengler (18801936) foi un filósofo alemán, nado en Blankenburg, Harz o 29 de maio de 1880. Logo dos estudos universitarios en Múnic, Berlín e Halle, foi profesor de matemáticas en Hamburgo, mais abandonou rapidamente o ensino para consagrarse á escritura da súa obra magna : A Decadencia de Occidente. Escrita antes da Primeira Guerra Mundial, e publicada a súa primeira parte en 1918, daríalle fama en todo o mundo. Na Alemaña converteuse nun dos autores de referencia da « Revolución conservadora » que se oporá á Alemaña de Weimar.

A Decadencia de Occidente é unha obra de síntese histórica que reúne á vez a economía política e a política, as ciencias e as matemáticas, as artes plásticas e a música. Nela analiza a historia diferenciando as grandes culturas históricas, que semellantes a seres biolóxicos, nacen, viven, declinan e morren. Spengler distinguiu oito grandes culturas principais e tres actitudes principais propias de Occidente : a actitude apolínea, a actitude máxica e a actitude fáustica.

Esta síntese aparece á vez fría e lúcida. Spengler é un dos últimos autores sobrecollidos polo romanticismo do fracaso das civilizacións e a melancolía do fin do mundo.

Desenvolveu ademais unha visión cíclica ou « esférica » da historia, con o que esta carece de sentidos. Cada cultura está determinada polo súa herdanza, os seus valores e o seu sentimento do destino. A obra inspirou a numerosos autores contemporáneos : Thomas Mann, Ernst Jünger, Emil Cioran, Martin Heidegger, Raymond Aron, Arnold Toynbee.

Obras (selección)[editar | editar a fonte]

  • Der Untergang des Abendlandes (A Decadencia de Occidente) (1918-1922)
  • Preußentum und Sozialismus (Prusianidade e Socialismo) (1919)
  • Der Mensch und die Technik (O Home e a Técnica) (1931)
  • Jahre der Entscheidung (Anos decisivos) (1933)
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Oswald_Spengler&oldid=4855049"