Otto José Cameselle Barcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Otto José Cameselle Barcia
Nacemento17 de xuño de 1921
 Vigo
Falecemento24 de abril de 1976
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Otto José Cameselle Barcia nado en Vigo o 17 de xuño de 1921 e finado en Palma o 24 de abril de 1976, foi un xuíz e poeta galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito en Santiago de Compostela aínda que rematou a carreira en Madrid. Foi o xuíz máis novo de España, como xuíz de primeira instancia en Redondela, actuando despois en Ocaña e Santa Cruz de Tenerife. Finalmente ocupou praza como maxistrado da Audiencia Territorial de Palma, onde casou en 1968 con Ana María Montis Suau [1]. Permaneceu en Palma ata a súa morte.

Amigo persoal de Ramón González-Alegre, daquela residente en Vigo (1949), colaborou con el na edición nesta cidade da revista literaria Alba, aparecendo canda el na dirección da revista. Publicou distintos poemas nos números 3 a 7 desta revista.

En 1950 apareceu o seu poemario Poesías de la razón cordial. Posteriormente escribiu outro libro de poemas, Esencia del hombre, que nunca chegou a editarse.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Artigo en La Vanguardia, 6 de novembro de 1968 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Otto_José_Cameselle_Barcia&oldid=4973951"