Otto Stern

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Otto Stern
Otto Stern.jpg
Otto Stern
Datos persoais
Nacemento17 de febreiro de 1888
LugarSohrau, Prusia, Imperio Alemán
Falecemento17 de agosto de 1969 (81 anos)
LugarBerkeley (California, Estados Unidos)
NacionalidadeAlemaña e Estados Unidos de América
EtniaPobo alemán
Actividade
Campofísica
Alma máterUniversidade de Breslau
Contribucións e premios
PremiosPremio Nobel de Física (1948)
editar datos en Wikidata ]

Otto Stern, nado en Sohrau o 17 de febreiro de 1888 e finado en Berkeley o 17 de agosto de 1969, foi un Físico alemán, nacionalizado estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Stern naceu no seo dunha familia xudía en Sohrau (Żory) daquela parte do Imperio Alemán de Prusia (hoxe en día Polonia).

Estudou na Universidade de Breslau, sendo, posteriormente, profesor na Escola Técnica de Zürich, na Universidade de Frankfurt e na Universidade de Hamburgo. En 1933 dimitiu como profesor nesa universidade, trasladándose aos EUA, onde obtivo o cargo de profesor de investigación de física no Instituto Carnegie de Tecnoloxía (hoxe Universidade Carnegie Mellon) en Pittsburgh, Pensilvania.

Otto Stern, Lise Meitner (1937).

Nos seus labores de investigación, calculou o momento magnético do átomo de prata. Tamén, achou para o momento magnético do protón un valor 2,5 veces maior que o predito pola teoría de Paul Dirac.

Foi galardoado en 1943 co premio Nobel de Física polos seus estudos sobre os feixes moleculares, as propiedades magnéticas dos átomos e o descubrimento do momento magnético do protón nunha serie de experimentos realizados en colaboración con Walther Gerlach coñecidos popularmente como experimento de Stern-Gerlach.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Otto_Stern&oldid=4933711"