Périgueux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Catedral de Saint-Front, vista desde a Pont des Barris.

Périgueux, en occitano Periguers [peri'gʏ:] ou Peireguers [pejre'gʏ:], é unha cidade do departamento francés de Dordoña, na rexión Aquitania. É a capital (préfecture) do departamento. O primeiro de xullo do 2005 estimábase a súa poboación en 29 600 habitantes. Está vencellada ao Camiño de Santiago.

Monumentos e lugares turísticos[editar | editar a fonte]

Periguers presenta un patrimonio admirable, con 43 monumentos históricos e un importante sector conservado. Son destacábeis:

Os restos da fortaleza galorromana de Vesona[editar | editar a fonte]

A Torre de Vesona
  • A Torre de Vesona, resto dun templo dedicado á deusa tutelar da cidade galorromana;
  • As ruínas do Anfiteatro romano, realzado hoxe por un xardín;
  • O museo Vesunna, erguido sobre os vestixios dunha domus polo arquitecto Jean Nouvel.

A cidade medieval[editar | editar a fonte]

  • A catedral de Saint-Front, inscrita no Patrimonio Mundial da Humanidade, é unha das etapas máis famosas da peregrinación xacobea. De estilo románico bizantino, presenta cinco cúpulas formando unha cruz grega.
  • A igrexa románica de Santo Estevo, antiga catedral, da que fican aínda dúas cúpulas;
  • O convento das Donas da Fe (século XII)
  • A Torre Mataguerra (século XIII), resto das fortificacións medievais;

A cidade renacentista[editar | editar a fonte]

  • A Maison dos Cónsules, que se mira no río Eila (nome occitano; Isle en francés);
  • O Chasteu Barriera (ruínas), castelo que debe o nome a unha familia da cidade;
  • A Maison dau Pastissier, favorecida pola restauración da Plaça Sent Loís´;
  • Varios pazos ou ostaus dos séculos XV e XVI sitos no antigo Puei Sent Front (ostaus Gamenson, Sench Astier, de Abzac de La Dosa, de Lestrada,...)

Outros[editar | editar a fonte]

  • A Prefectura (século XIX) : cunha fachada en estilo do Segundo Imperio e salóns seguindo modelos dos pazos de Versalles, Fontainebleau e do Louvre.
  • O Museo de Arte e de Arqueoloxía do Perigòrd.
  • O Museo Militar do Perigòrd.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Périgueux&oldid=4320854"