Pías, Zamora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Pías, Zamora
Localización
País España España
Comunidade autónoma Castela e León Castela e León
Provincia Bandera de Zamora.svg Zamora
Comarca Sanabria
Xeografía
Altitude 1.035 msnm
Superficie 43,98 km²
Demografía
Poboación 158 hab. (INE 2011)
Densidade 3,59 hab./km²
Xentilicio piarolo/a
Outros datos
Código postal 49580
Alcalde Ángel Castro Rodríguez (PSOE)
Casa consistorial.
Igrexa parroquial.

Pías é un concello da provincia de Zamora, pertencente ás Portelas e á comarca de Seabra, en Castela e León. Está encadrado dentro da denominada Alta Seabra, tamén coñecida coma As Portelas, e a integran as localidades de Barxacova, Pías e Vilanova da Serra[1].

Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. É un dos poucos concellos bilingües da provincia de Zamora, pois os seus habitantes utilizan habitualmente o castelán e o galego.[2]. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «piarolo[3].

Topónimo[editar | editar a fonte]

Pías e o veciño Porto pertenceron á Encomenda de Castrotorafe. É citado como «un villar que uocitant Pilas» en 1154, pero xa Pias en 1198 e sucesivamente: «de Porto et de Pias quia non est de commenda de Senabria nec de Roureda» (1222), «inter Pias et Villamnouam» (1226).[4] Trátase sen dúbida da forma galega de "pia" (concavidade escavada en pedra), cuxa orixe pode ser tanto a referencia a un elemento da cultura pastoril ou, como máis probable, a un resto arqueolóxico sobranceiro, coma unha sepultura antropomorfa en pedra.[5] Se non alude a unha sepultura escavada en rocha, pode ser outra a explicación. Máis probable que un bebedoiro, é a referencia a cavidades picadas nunha lancha ou rocha plana que aflora ao chan. En Paradela de Mogadouro (Portugal), dise dunha paraxe chamada Lombo das Pias que foi obra de pastores e cabreiros que as usaban como recipiente para a muxidura directa do seu gando durante as merendas; alí se migaba, sobre a rocha, o pan de centeo.[6] O mesmo acontecía nas Hurdes, onde tales cavidades servían para a muxidura in situ e o almacenamento de leite das cabras.[7][8]

Poboación[editar | editar a fonte]

Pías posúe unha poboación moi avellentada, onde só o 1,27% da poboación ten 15 anos ou menos, e menos dun 14 % do total da poboación ten menos de 30 anos (SIE 2010).

Evolución demográfica
1991 1996 2001 2004 2010
303 255 215 201 157

Notas[editar | editar a fonte]

  1. usuarios.multimania.es/aureano/galicia_portelas.htm
  2. "Cultura de Lubián". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 08 de agosto de 2013. 
  3. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 58. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  4. CASADO QUINTANILLA, Blas (2007) 'Colección documental do priorado de San Marcos de León, da Orde de Santiago (1125-1300)' Col. Fontes e Estudos da Historia Leonesa, León.
  5. RIESCO CHUECA, Pascual (2010) "Novas conxecturas de toponimia zamorana" Arquivado 20 de xullo de 2011 en Wayback Machine., Anuario 2008, Instituto de Estudos Zamoranos Florián de Ocampo, Deputación de Zamora, pp. 359-436.
  6. PEREIRA, Ana Maria Pires Palhas (2002) 'Paradela, Mogadouro, terra de histórias sem idade', Medisa.
  7. BARROSO GUTIÉRREZ, Félix (1993) 'As Hurdes: visión interior '. Centro de Cultura Tradicional. Deputación de Salamanca.
  8. RIESCO CHUECA, Pascual (2000) Medio natural e poboamento na toponimia maior de Zamora, extraido' do 'Anuario 2000, Instituto de Estudos Zamoranos "Florián de Ocampo" Deputación de Zamora, páx. 449-500.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pías,_Zamora&oldid=4879566"