Pablo Casado Elícegui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Pablo Casado Elicegui")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pablo Casado Elícegui
Nacemento1944
 Zamora
Falecemento27 de marzo de 2017
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónadestrador de baloncesto
editar datos en Wikidata ]

Pablo Antonio Casado Elícegui[1], nado en Zamora o 12 de xaneiro de 1944 e finado o 27 de marzo de 2017 nas Palmas de Gran Canaria, foi un arquitecto e adestrador de baloncesto profesional español que dirixiu entre outros equipos o Club Baloncesto Breogán de Lugo, o Canarias e o Villalba. En 1991 foi ademais director xeral deste clube madrileño.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador de baloncesto, estivo no CB Canarias durante o tempo que facía estudos universitarios de arquitectura en Tenerife.

Como adestrador, empezou nas categorías inferiores do Estudiantes, e en 1979 xa estivo adestrando os equipos sénior do Club Baloncesto Canarias. Nas illas conseguiu dous ascensos á máxima categoría do baloncesto español. En 1985 fichou polo Breogán lugués, a quen adestrou unicamente por unha tempada. En 1986 marchou ao CB Collado Villalba da periferia madrileña, onde permaneceu durante seis anos, o último deles ademais como director xeral do clube (1992)[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ficha federativa de Pablo Casado". Blog Basketmanía. 
  2. Tenerife, La Opinión de. "Fallece el exentrenador de baloncesto Pablo Casado". www.laopinion.es (en castelán). Consultado o 2018-12-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pablo_Casado_Elícegui&oldid=5016750"