Padornelo, Pedrafita do Cebreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°42′42.6″N 7°7′22″O / 42.711833, -7.12278

Padornelo
Padornelo.jpg
ConcelloPedrafita do Cebreiro
Poboación123 hab. (2013)
Entidades de poboación12

San Xoán de Padornelo é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 123 habitantes (66 homes e 57 mulleres).

Historia[editar | editar a fonte]

O burgo de Padornelo foi cedido por Oveco Sánchez a Diego Xelmírez e na súa igrexa houbo unha encomenda da Orde de San Xoán de Malta.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de San Xoán de Padornelo, do século XV, ten planta rectangular, muros de cachotaría e cuberta de lousa. Ten entrada lateral por un cabido cuberto. O campanario está coroado por un remate triangular. No interior hai un retablo barroco do século XVII, e varias esculturas.


Muszla Jakuba.svg
Localidade anterior:
Hospital, Pedrafita do Cebreiro
a 2,5 km
  Camiño de Santiago (Camiño Francés)  
Padornelo, Pedrafita do Cebreiro
(1.283 msnm)
147 km á Catedral de Santiago de Compostela
Igrexa(s)
Muszla Jakuba.svg
Seguinte localidade:
Fonfría, Pedrafita do Cebreiro
→ a 3,5 km

Padornelo na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Ó pasar a Cruz de Ferro/ a Gudiña ben a sei/ i agora voume chegando/ aos aires de Monterrei [1].
  • Os ollos que me a min queren/ nesta terra non están;/ pasaron a Cruz de Ferro/ e por Castilla andarán [2].

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Padornelo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Padornelo no concello de Pedrafita do Cebreiro (Lugo)

Busmullán | O Lago | A Mata | Modreiro | Padornelo | Pallarvello | A Porfía | Sabugos | Temple | Vilanova | Vilasol | Vilaverde

Parroquias de Pedrafita do Cebreiro[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Pedrafita do Cebreiro

O Cebreiro (Santa María) | Fonfría (San Xoán) | Hospital (San Xoán) | Liñares (Santo Estevo) | Lousada (San Vicente) | Louzarela (San Xoán) | Pacios (San Lourenzo) | Padornelo (San Xoán) | Pedrafita do Cebreiro (Santo Antón) | Riocereixa (Santa María Madanela) | Veiga de Forcas (Santa María) | Zanfoga (San Martiño)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 122. A cantiga recolle o sentir dun segador galego ó seu regreso de Castela, no momento de entrar en Galicia. Xaquín Lorenzo explica que non se trata da Cruz de Ferro situada en Foncebadón, entre Astorga e Ponferrada, senón da Cruz de Portela de Padornelo, en Pedrafita do Cebreiro, que é de pedra, a uns 37 km da Gudiña. Os labregos que ían á sega a Castela deixaban unha pedra ó pé desta cruz e, á volta, deixaban a fouce como exvoto na ermida da Nosa Señora das Angustias, que está ó seu carón.
  2. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 126.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Padornelo,_Pedrafita_do_Cebreiro&oldid=4439790"