Palacio de Versalles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Palacio e parque de Versalles
Versailles chateau.jpg
Versalles visto desde os seus xardíns
Vue aérienne du domaine de Versailles par ToucanWings - Creative Commons By Sa 3.0 - 073.jpg
Vista aérea do palacio
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísFlag of France.svgFrancia
Localización48°48′17″N 2°07′13″L / 48.80472, -2.12028
TipoCultural
CriteriosI, II, VI
Inscrición1979 (3º sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador83

O palacio de Versalles ou castelo de Versalles (en francés: Château de Versailles) é un palacio real localizado na cidade de Versalles, unha aldea rural na época de súa construción, e hoxe en día un suburbio de París. A súa construción foi ordenada polo rei Luis XIV, e constitúe un dos complexos arquitectónicos monárquicos máis importantes de Europa. Con preto de 10 millóns de visitantes ao ano,[1] é tamén un dos sitios turísticos máis importantes de Francia.

A Corte de Versalles foi o centro do poder do Antigo Réxime en Francia dende 1682, cando Luís XIV se mudou de París, até que a familia Real foi forzada a volver á capital en 1789.

O conxunto do palacio e parque de Versalles, incluíndo o Gran Trianón e o Pequeno Trianón, foron declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1979.[2]

Historia e ampliacións[editar | editar a fonte]

Luis XIV deixou París e decidiu construír Versalles como unha pequena cidade lonxe dos problemas. Tería varias etapas constructivas, marcadas polas amantes de Luis XIV.

  • Primeira etapa (1661 - 1668): Sería un palacete de caza ao que se lle engadiron dúas ás laterais que, ao pecharse, conformaron a praza de armas. A fachadas son de ladrillo e unifica a cuberta usando tamén a lousa e as mansardas.
  • Segunda etapa (1668 - 1678): Luis XIV pretende trasladar definitivamente a corte a Versalles. Engádense as dúas ás laterais para dar prioridade visual ao xardín, realizado por André Le Nôtre. A fachada que da ao xardín está construída seguindo o modelo italiano. Un primeiro piso de perpiaños almofadados. Un piso nobre de dobre altura con coxía retranqueada, xogando con entrantes e saíntes e alternando columnas e pilastras. Por último, un terceiro piso que sería o ático, rematado por unha serie de figuras escultóricas que case non deixan ver a caída da cuberta, a cal non e moi inclinada. Chegaron a vivir nél ata 20 000 persoas.
  • Terceira etapa (1678 - 1692): Nesta ampliación, realizada por Mansart, construíuse a capela real na á norte do palacio, a dobre altura e con acceso directo a cota cero dende o exterior, estando a Tribuna Real situada no piso principal, dende onde o rei e a súa familia asistían á misa.

Museo da historia de Francia[editar | editar a fonte]

Galería das Batallas, no Museo da Historia de Francia.

Foi creado no 1837 por Camille Bachasson, conde de Montalivet, por orde de Luís Filipe I.[3]

Cos seus 18 000 m² é o museo de historia máis grande do mundo. Contén unha colección de cadros reunidos ou encargados por Luís Filipe I e están organizados por series históricas. Para a súa exposición, algúns departamentos foron transformados en salas de museo.

O museo está situado nas ás, mentres que a parte central (a excepción do piso baixo), os Grandes Departamentos, as estancias privadas e os departamentos da familia real foron restaurados e poden verse tal como eran cando estaban ocupados polos reis.

Outros Versalles no mundo[editar | editar a fonte]

O conxunto é recoñecido a nivel mundial coma un dos palacios máis grandiosos e inspirou a outros gobernantes e magnates que aspiraban a ter o seu propio paraíso; hai por iso polo mundo moitas edificacións espectaculares que, ou ben seguiron o seu modelo, ou bien se apropiaron de este epíteto co propósito de atraer visitantes. Os máis coñecidos son:

En Galicia, o Pazo de Oca, malia non ser nunca a residencia de ningunha familia real, é coñecido como o Versalles galego, principalmente polos seus xardíns.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Palacio_de_Versalles&oldid=4995339"