Rexión paleártica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Paleártico")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O Paleártico

O termo rexión paleártica ou Paleártico identifica, dentro da bioxeografía, unha das oito ecozonas nas que se divide a Terra. A rexión paleártica engloba as áreas terrestres de Europa, o norte de África ata á beira sur do Sáhara e Asia ata ó norte do Himalaia, deixando fora s península India e o sur da de Arabia.

A rexión Paleártica ten a súa orixe no período Paleóxeno (antes chamado período Terciario), cando se desenvolveron na zona novas formacións de plantas e novas especies de animais.

Co Neártico (a biozona constituída por Groenlandia e Norteamérica ata ó norte de México forma a rexión Holártica. Os límites exactos destas rexións son discutidos: Groenlandia pode ser incluída tanto no Paleártico como no Neártico e os límites exactos do Paleártico no Himalaia, na súa fronteira coa rexión oriental son pouco definidos como amosan os cambios nas formacións vexetais que se atopan nas zonas fronteirizas.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rexión_paleártica&oldid=4808072"