Pantón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°31′21″N 7°37′25″O / 42.52250, -7.62361

Pantón
Escudo de Pantón
HPIM1435.JPG
A casa do Concello, en Ferreira de Pantón
Situacion Pantón.PNG
Situación
Xeografía
Provincia Provincia de Lugo
Comarca Comarca da Terra de Lemos
Poboación 2.565 hab. (2017)
Área 143,2 km²
Densidade 17,91 hab./km²
Entidades de poboación 26 parroquias
Capital do concello O Castro de Ferreira
Política (2015)
Alcalde José Luis Álvarez Blanco (PPdeG)
Concelleiros BNG: 2
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais en Pantón
Uso do galego[1] (2011)
Galegofalantes 76,11%
Na rede
concellodepanton.es

Pantón é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra de Lemos e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 2.708 habitantes (1.372 homes e 1.488 mulleres), o que supón unha diminución en 76 habitantes en relación ao ano anterior.

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 2.708 habitantes (2014)
Menores de 15 anos 134 (4.95 %)
Entre 15 e 64 anos 1.312 (48.45 %)
Maiores de 65 anos 1.262 (46.6 %)

Historia[editar | editar a fonte]

A presenza romana no concello evidénciase no lugar das Augas Santas, cuxas augas termais foron empregadas dende aquela época. Un dos fitos máis significativos da historia de Pantón foi a implantación da vida monástica ó longo das marxes dos ríos Miño e Sil.

Patrimonio histórico e artístico[editar | editar a fonte]

O concello de Pantón goza dun gran número de monumentos, de diferentes épocas. Tanto castrexos, restos romanos e sendo o patrimonio máis salientable, o seu gran número de monumentos de arquitectura románica.

Restos castrexos:

Restos da cultura megalítica:

  • Mámoa dos Cancelos, situada na parroquia de Vilar de Ortelle.
  • Mámoa de San Romao, denominada así por situarse moi próxima ó lugar de San Romao na parroquia de Vilar de Ortelle.
  • Mámoa de Paderne, situado na parroquia de Moreda.
  • Mámoa de Pombeiro, situada na parroquia de Pombeiro.
  • Mámoas do Castro de Guítara, situado na parroquia de Eiré.

Petróglifos:

  • Petróglifo Monte San Román I, situado na parroquia de Acedre.
  • Petróglifo Monte San Román II, situado na parroquia de Acedre.
  • Petróglifo Monte San Román III, situado na parroquia de Acedre.
  • Petróglifo Monte San Román IV, situado na parroquia de Acedre.
  • Petróglifo Monte San Román V, situado na parroquia de Acedre.
  • Petróglifo Monte San Román VI, situado na parroquia de Acedre.
  • Petróglifo Exento de San Román, situado na parroquia de Acedre.
  • Petróglifo exento de Pesqueiras, situado na parroquia de Atán.
  • Petróglifo Torre do Castro I, situado na parroquia de Espasantes.
  • Petróglifo Torre do Castro II, situado na parroquia de Espasantes.
  • Petróglifo da Cancelada I, situado na parroquia de Espasantes.
  • Petróglifo da Cancelada II, situado na parroquia de Espasantes.
  • Petróglifo da Cancelada III, situado na parroquia de Espasantes.
  • Pétroglifo Vilaxilde I, situado na parroquia de Espasantes.
  • Pétroglifo Vilaxilde II, situado na parroquia de Espasantes.
  • Petróglifo das Carrizas, situado na parroquia de Espasantes.
  • Pétroglifo Pena da Virxe, situado na parroquia de Vilar de Ortelle.
  • Pena da Cima da Costa, situado en Vilar de Ortelle.
  • Petróglifo A Escrita, situado na parroquia de Toldaos

Festas locais[editar | editar a fonte]

  • Festival do Castro
  • Santo Cristo, en San Fiz de Cangas. Lévase a cabo o primeiro domingo de xullo.[3]
  • Festividade da Virxe das Neves, celébrase no Regueiro en Pombeiro, o 5 de agosto.[4]
  • Festividade da Virxe dos Ollos Grandes, celébrase en Augas Santas en Pantón, o segundo domingo de setembro.[4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Pantón.

Lugares de Pantón[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pantón vexa: Lugares de Pantón.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Pantón

Acedre (San Romao) | Atán (Santo Estevo) | Cangas (Santiago) | Castillón (Santiago) | Deade (San Vicente) | Eiré (San Xulián) | Espasantes (Santo Estevo) | Ferreira de Pantón (Santa María) | Frontón (San Xoán) | Mañente (San Mamede) | Moreda (San Romao) | Pantón (San Martiño) | Pombeiro (San Vicente) | Ribeiras de Miño (Santo André) | San Fiz de Cangas (San Fiz) | San Vicente de Castillón (San Vicente) | Santalla de Toiriz (Santalla) | Santo Estevo do Mato (Santo Estevo) | Següín (Santo André) | Serode (San Xulián) | Siós (San Martiño) | Toiriz (Santa María) | Toldaos (San Xoán) | Tribás (San Martiño) | Vilamelle (San Cibrao) | Vilar de Ortelle (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  2. 2,002,012,022,032,042,052,062,072,082,092,102,112,122,132,14 Xunta de Galicia (12 de xullo de 1991). "Diario Oficial de Galicia". Diario Oficial de Galicia. 
  3. "Concello de Panton". concellodepanton.es. Consultado o 2017-02-08. 
  4. 4,04,1 "Concello de Pantón". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pantón&oldid=4545153"