Paola Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Paola Rey
Paola Rey 2015 2.jpg
Nome completo Paola Andrea Rey Arciniegas
Nacemento 19 de decembro do 1979
(38 anos)
Lugar Bucaramanga, Santander, Flag of Colombia.svgColombia
Nacionalidade Colombia
Profesión actor e Modelo
http://paolareyactriz.com
editar datos en Wikidata ]

Paola Andrea Rey, nada o 19 de decembro de 1979 en Bucaramanga (Santander), é unha actriz colombiana. Acadou sona internacional grazas ó seu papel como Jimena na telenovela colombiana Paixón de gabiáns, emitida en Galiza na TVG acadando moi bos resultados de audiencia.

Biografía[editar | editar a fonte]

Estudante de enxeñaría industrial, deixou a súa carreira para se dedicar por enteiro á súa carreira de actriz televisiva. O seu debut chegou da man de Fuego verde, telenovela colombiana na que daba vida a Graciela, no ano 1998. Nese mesmo ano entrou a formar parte dunha serie xuvenil, Sin límites e comezou a rodaxe da súa segunda telenovela Corazones prohibidos. En 1999 comezou a rodar varias telenovelas, entre elas ¿Por qué diablos? e a que arrebolou cara ao éxito a Paola, La baby sister, na cal dá vida a Fabiana Rivera, e coa que recibiu un gran recoñecemento mediático.

Tras varios anos de gravacións televisivas, o éxito chegou da man da popular trama televisiva Pasión de gavilanes na que daba vida a Jimena Elizondo, e compartía protagonismo cos actores Michel Brown e Juan Alfonso Baptista. Con este último, rodou en 2004 La mujer en el espejo enredada nun dobre papel, Xuliana Adoitar e Maritza Ferrer.

No 2006 comezou a gravación da súa nova telenovela, Amores de mercado, tendo ao seu carón a actores como Jorge Cao, Vanesa Villela, Mauricio Illas e Michel Brown. Nesta novela dá vida a Lucía Martínez, unha muller sinxela e traballadora que debe sacar adiante o seu fillo, cruzándose na súa vida Diego Valdez, un ex futbolista condenado a 5 anos de cárcere por un crime que non cometeu. Ambos os dous comezan cun tormentoso romance con final feliz.

Actualmente áchase promovendo Montecristo: Entre el amor y la traición compartindo protagonismo con Juan Carlos Vargas. Nesta telenovela dá vida a Laura Franco, unha rapaza que sufrirá o tormento de perder o home que ama, Santiago. Esta telenovela segue a liña do famoso libro Montecristo e da súa antecesora arxentina.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Montecristo (Colombia) (2007) - Laura Franco
  • Amores de Mercado (2006) - Lucía Martínez
  • La mujer en el espejo (2004) - Juliana Soler/Maritza Ferrer
  • Pasión de gavilanes (2003) - Jimena Elizondo
  • Como el gato y el ratón (2002) - Giovanna
  • La Baby Sister (2000) - Fabiana Rivera
  • ¿Por qué diablos? (1999) - Jazmin
  • Corazón prohibido (1998)
  • Fuego verde (1998) - Graciela
  • Sín límites (1998) - Camila

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Paola_Rey&oldid=4571400"