Parlamento de Cataluña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Sede do parlamento catalán.

O Parlamento de Cataluña (en catalán: Parlament de Catalunya), coñecido habitualmente como Parlament, é unha das institucións que forman a Generalitat de Catalunya, o máximo órgano de goberno catalán. Representa ao pobo de Cataluña e exerce a potestade lexislativa, aproba os orzamentos da Generalitat e controla e impulsa a acción política e de Goberno. Componse de 135 deputados, elixidos por un prazo de catro anos mediante sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto.

O seu actual presidente é Roger Torrent, que tomou posesión do seu cargo o 17 de xaneiro de 2018 en substitución de Carme Forcadell.[1]

Composición[editar | editar a fonte]

Partidos políticos no Parlament durante a XII Lexislatura

Partido Líder Voceiro Escanos
Ciutadans - Partit de la Ciutadania (C's) Inés Arrimadas Carlos Carrizosa 36
Junts per Catalunya (JxCAT) Jordi Sànchez Albert Batet 34
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) Sergi Sabrià Anna Caula 32
Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) Miquel Iceta Eva Granados 17
Catalunya En Comú-Podem Xavier Domènech Elisenda Alamany 8
Candidatura d'Unitat Popular (CUP) Carles Riera 4
Partit Popular Català (PPC) Xavier García Albiol 4

Mesa do Parlamento[editar | editar a fonte]

A Mesa é o órgano rector do Parlament, que representa á cámara e xestiona e goberna a institución. A actual composición é a seguinte:

  • Presidente: Roger Torrent (ERC)
  • Vicepresidente primeiro: Josep Costa (JxC)
  • Vicepresidente segundo: José María Espejo-Saavedra (Cs)
  • Secretario primeiro: Eusebi Campdepadrós (JxC)
  • Secretario segundo: David Pérez Ibáñez (PSC)
  • Secretario terceiro: Joan García (Cs)
  • Secretaria cuarta: Alba Vergés (ERC)

Presidentes[editar | editar a fonte]

Durante a Segunda República Española o Parlament tivo tres presidentes:

Despois da restauración da democracia, os presidentes da cámara foron:

Sede[editar | editar a fonte]

A sede do Parlament é o Palau del Parlament de Catalunya, que se atopa no Parc de la Ciutadella da cidade de Barcelona. Foi construído no século XVIII e está declarado Ben cultural de interese local.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Parlamento_de_Cataluña&oldid=4772940"