Parque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Parque nacional das Illas Atlánticas
Parque de Rosalía de Castro, na cidade de Lugo

Un parque é unha área protexida, no seu estado natural, seminatural ou de creación artificial, destinado para o lecer ou á protección do hábitat natural. Pode estar conformado por diversos materiais, principalmente po rochas, terra, auga, flora e fauna e mais áreas de herba. Por outra banda, os parques naturais son áreas intactas e sen desenvolver habitadas principalmente por especies salvaxes. Moitos parques son legalmente protexidos por lei. No caso de Galiza, un exemplo é o Parque nacional das Illas Atlánticas.

Así mesmo, denomínanse parques aos xardíns urbanos como, por exeplo, en Galicia, o da Alameda de Santiago de Compostela ou o de Rosalía de Castro en Lugo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Parque&oldid=4805468"