Parque Nacional de Peneda-Gerês

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Panorámica do parque

O Parque Nacional de Peneda-Gerês atópase no norte de Portugal, xunto a fronteira con Galicia.

Datos de interese[editar | editar a fonte]

O Parque Nacional creouse no 1971, protexendo 714 000 hectáreas. A súa altitude son os 1545 metros. A súa importancia radica nas súas forestas caducifolias ben conservadas. Ademais é limítrofe co Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés elevando así a importancia ecolóxica da zona.

Flora e Fauna[editar | editar a fonte]

Os predominantes son as carballeiras, con algún propio do mediterráneo coma o érbedo. A fauna é moi variada. Entre os mamíferos salientar o lobo, o corzo ou o xabarín. As aves de presa tamén son moi importantes, contando coa presenza da aguia real, a aguia calzada, o miñato común, o miñato real, o azor ou o bufo real.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Parque_Nacional_de_Peneda-Gerês&oldid=4484068"