Parque Nacional do Teide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Parque Nacional do Teide
Teide Tenerife4.jpeg
Roque Cinchado e o Teide
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
LocalizaciónCanarias Canarias
TipoNatural
Criteriosvii, viii
Inscrición2007
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador1258

O Parque Nacional do Teide ocupa a zona máis alta da illa de Tenerife, nas Canarias. Declarado o 22 de xaneiro de 1954 como parque nacional,[1] é o máis grande e antigo dos parques nacionais das Illas Canarias, e un dos máis antigos de España. En 2007 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e tamén desde ese ano o Parque Nacional do Teide é considerado como un dos 12 Tesouros de España.[2]

Nesta zona atópase o volcán do Teide que cos seus 3.718 metros, é o pico máis alto de Canarias, de España e de calquera terra emerxida do Océano Atlántico. É ademais, o terceiro volcán máis grande do mundo desde a súa base, só superado polo Mauna Loa e o Mauna Kea en Hawai. Xunto ao Teide atópase a segunda montaña máis alta do Arquipélago Canario, o Pico Viejo con 3.135 metros sobre o nivel do mar, sendo ambos as únicas montañas canarias que exceden os 3.000 metros de altitude.

O Parque Nacional do Teide, foi en 2008 o Parque nacional máis visitado dos catro cos que contan as Illas Canarias cun total de 2,8 millóns de visitantes, segundo datos do Instituto Canario de Estatística (ISTAC), sendo ademais o Parque Nacional máis visitado de España, o máis visitado de Europa e o segundo do mundo con 3.142.148 visitantes en 2007.[3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Decreto de 22 de xaneiro de 1954. Arquivado 12 de decembro de 2007 en Wayback Machine. BOE nº 35, de 4 de febreiro de 1954
  2. 12 Tesouros de España
  3. "O Teide, o parque máis visitado de Europa e o segundo do mundo". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2010. Consultado o 04 de marzo de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Parque_Nacional_do_Teide&oldid=4867024"