Parque natural

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Regato nas Fragas do Eume.

Un parque natural é, no marco lexislativo galego, un espazo natural declarado como parque por estar pouco transformado pola explotación ou pola ocupación humana e que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúe uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos, co cal a súa conservación merece unha atención preferente.[1][2] Poden ser marítimos ou terrestres, e encontrarse na montaña, no mar, no deserto ou en calquera outro espazo definido xeograficamente.

Lista de parques[editar | editar a fonte]

Os parques naturais galegos comezáronse a declarar a partir de 1978, co monte Aloia, e reguláronse cunha figura propia e conxunta en 2016. En 2019, Galicia contaba con seis parques naturais[3]:

Nome Data de declaración Superficie (ha.)
Baixa Limia - Serra do Xurés 11 de marzo de 1993[4] 20.920
Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán 5 de xuño de 1992[5] 996,25
Fragas do Eume 11 de agosto de 1997[6] 9.125,65
O Invernadeiro 5 de xuño de 1997[7] 5.722
Monte Aloia 4 de decembro de 1978[8] 746,29
Serra da Enciña da Lastra 3 de maio de 2002[9] 3.151,67

As illas Cíes foron declaradas en 1980 como parque natural e declaradas, a canda as demais illas das Rías Baixas, como Parque Nacional das Illas Atlánticas.[3][10] Aínda que o declarase o goberno central, e ao igual que os demais parques naturais, compételle xestionar este parque á comunidade autónoma galega.[2]

Propostas[editar | editar a fonte]

Os seguintes espazos naturais galegos ou ben foron avaliados nalgún momento como posibles candidatos a declarar como parques naturais ou ben algunhas entidades ou grupos teñen reivindicaron a súa declaración:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Boletín Oficial del Estado, eds. (15/12/2007). "Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad. «BOE» núm. 299, de 14/12/2007.". Consultado o 2017-10-03. 
  2. 2,02,1 Presidencia da Xunta de Galicia (Martes, 04 de setembro de 2001). Xunta de Galicia, eds. "LEI 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia." (DOG Núm. 171): 11.754. 
  3. 3,03,1 (Dirección Técnica) Ricardo García-Borregón Millán, Rogelio Fernández Díaz, Belén Bris Marino (Redacción) Pablo Ramil Rego, Rafael Crecente Maseda, Javier Ferreiro da Costa, Boris Alejandro Hinojo Sánchez, Belén de Nóvoa Fernández, Marco Antonio Rubinos Román, Manuel Antonio Rodríguez Guitián, Enrique Valero Gutiérrez del Olmo, Juan Picos Martín, Xana Álvarez Bermúdez, Víctor Estévez González, Enrique Urcola Fernández-Miranda, Patricio Aguilar Cavanillas, Lucía Martínez de la Fuente (Xuño de 2012). Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia, Documento de síntese (PDF). Santiago de Compostela. p. 253. Consultado o 17/09/2017. 
  4. Xunta de Galicia (eds.). "Baixa Limia-Serra do Xurés". 
  5. Xunta de Galicia (eds.). "Complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán". 
  6. Xunta de Galicia (eds.). "Parque natural Fragas do Eume". 
  7. Xunta de Galicia (eds.). "Parque natural O Invernadeiro". 
  8. Xunta de Galicia (eds.). "Parque natural Monte Aloia". 
  9. Xunta de Galicia (eds.). "Parque natural Serra da Enciña da Lastra". 
  10. Norma RD 2497/1980 publicada no BOE/DOGa 15/11/1980
  11. Gallego. El Correo Gallego, eds. "Os Ancares y Courel aspiran a ser parques naturales". Consultado o 16/09/2017. 
  12. Gallego, El Correo Gallego. "Os Ancares y O Courel, más cerca de convertirse en parques naturales". Consultado o 16/09/2017. 
  13. "«Es fundamental declarar Os Ancares y O Courel parque natural»". La Voz de Galicia. 16/09/2017. Consultado o 2017-09-16. 
  14. "Asociación Monte Pindo Parque Natural: A UDC adhírese á loita polo Parque Natural". 20/10/2015. Consultado o 17/09/2017. 
  15. "Galicia vístese de verde para reivindicar o monte Pindo". 17/10/201. Consultado o 16/09/2017. 
  16. "Reacciones encontradas ante el futuro incierto del parque natural de O Courel". La Voz de Galicia. 2013-04-27. Consultado o 2017-09-16. 
  17. ""O Parque Natural contribuíu a paliar o abandono do rural e o despoboamento en Rubiá"". Praza Pública. Consultado o 2017-09-16. 
  18. Gallego, Grupo El Correo. "O Courel parque natural, la asignatura pendiente para la montaña lucense". Consultado o 2017-09-16. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Parque_natural&oldid=5229668"