Pataca (moeda)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pataca (moeda)
澳門圓 (en chinés)
Código:MOP
Ámbito:Flag of Macau.svg Macau
Símbolo:Rs, ₨ ou रू.
Fracción:100 avos
Moedas:10, 20, 50 avos, 1, 2, 5, 10 patacas
Billetes:10, 20, 50, 100, 500, 1.000 patacas
Emisor:Banco Central de Nepal
Taxa de troco:
2-04-2010
1 EUR = 10,8027 MOP
1 USD = 7.9994 MOP
Troco actual

Pataca é o nome de diversas moedas, das que só unha delas ten actualmente valor legal.

Pataca ou cadela[editar | editar a fonte]

Moeda española con valor facial de 5 céntimos de peseta, cuñada inicialmente en cobre en 1870 polo Goberno Provisional e posteriormenmte a nome de Afonso XII entre 1877 e 1879, e que mantivo a súa denominación durante o mandato de Francisco Franco para designar as moedas dese mesmo valor labradas en aluminio durante a década de 1940.[1]

Artigo principal: Cadela (moeda).

Pataca "mexicana"[editar | editar a fonte]

A pataca era unha moeda de prata, co valor de 320 reais que foi emitida polo goberno portugués ata o século XIX.

O nome "pataca" derivase da moeda de prata de oito reais mexicanos.

Antigamente era popular na Asia, coñecidos en portugués como "pataca mexicana".

Pataca de Timor Portugués[editar | editar a fonte]

Pataca timorense foi a moeda da colonia de Timor Portugués entre 1894 e 1959, agás polo período comprendido entre 1942 e 1945, cando foi ocupada polos xaponeses durante a Segunda Guerra Mundial, e fora introducido o gulden das Indias Holandesas e a rupia das Indias Holandesas. Era equivalente á pataca de Macau e subdividida en 100 avos.

Pataca de Macau[editar | editar a fonte]

Actualmente, a Pataca (abreviatura: MOP) é a moeda oficial usada na Rexión Administrativa Especial de Macau da República Popular China. Unha pataca é subdividida en 100 avos.

O Goberno de Macau, querendo crear a súa propia moeda oficial, autorizou, en 1901, o Banco Nacional Ultramarino (BNU) a emitir billetes coa denominación de patacas. Os primeiros billetes impresos comezaron a entrar en circulación en 1906 e 1907. A súa cotización está indexada á cotización do dólar de Hong Kong [2].

Así, a pataca tornouse dende entón a moeda oficial de Macau, substituindo o real ao troco de 1 pataca = 450 reais.

A partir de 1995, o Banco da China é tamén responsabel da emisión de billetes.[3].

A pataca atópase oficialmente indexada ao dólar de Hong Kong, cuxa circulación no Macau é libre. A taxa de troco é de MOP$103,20 para HK$100, cunha lixeira variación ata o 10%. Cerca de 12 a 13 Patacas equivalen a 1 euro e cerca de 7,8 a 8 Patacas a 1 dólar americano.[4].

Pataca do Brasil[editar | editar a fonte]

Pataca brasileira de prata, 320 reis de 1812. Casa da Moeda do Rio de Janeiro.

No Brasil, a pataca era unha moeda de prata, de orixe portuguesa.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Entrada “can” no DRAG e no Portal das Palabras.
  2. Moedas de Macao de Ma Tak-wo. Publicado, en 1987, polo Museo Luís de Camões e editado polo Leal Senado de Macao
  3. "Páxina oficial do Banco da China (Sucursal de Macau)". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2008. Consultado o 29 de novembro de 2008. 
  4. "Moeda usada en Macao na Dirección dos Servizos de Turismo de Macau". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2008. Consultado o 29 de novembro de 2008. 
  5. Prober, Kurt. Glossário Numismático

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pataca_(moeda)&oldid=5000341"