Patrice Talon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Patrice Talon
Président Patrice Talon.jpg
Nacemento1 de maio de 1958
 Ouidah
NacionalidadeBenín
RelixiónIgrexa católica
Alma máterCheikh Anta Diop University e École nationale de l'aviation civile
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Patrice Talon, nado en Ouidah o 1 de maio de 1958, é un home de negocios e político de Benín, elixido como Presidente da República o 6 de abril de 2016, vencendo ó Primeiro Ministro Lionel Zinsou na segunda volta.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun traballador de ferrocarrís e dunha muller pertencente á familia Guedegbe de Abomey, Patrice Talon comunmente chamado "O competidor nado" está casado cunha muller nativa de Porto Novo e é pai de dous fillos.

Coñecido como o "Rei do algodón" pola súa participación na industria do algodón no seu país, Talon foi un apoio para o presidente Thomas Yayi Boni, e financiou as súas campañas para as eleccións de 2006 e 2011. Porén, despois de que ambos se distanciaron, Talon foi acusado de participar nunha conspiración para matar a Boni Yayi e fuxiu a Francia en 2012. Foi indultado posteriormente en 2014.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. T13, ed. (21 de marzo de 2016). "Primer ministro de Benín reconoce derrota ante empresario Patrice Talon". Consultado o 13 de febreiro de 2019. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Patrice_Talon&oldid=5193327"