Patricia Arias Chachero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Patricia Arias Chachero
Patricia Arias Chachero.jpg
Nacemento6 de outubro de 1972
 Ponferrada
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónprofesora e investigadora
editar datos en Wikidata ]

Patricia Arias Chachero, nada en Ponferrada o 6 de outubro de 1972, é unha profesora e filóloga galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou a licenciatura de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1995 e 1998 foi bolseira da Fundación Otero Pedrayo, autor da que é especialista.[1] Foi secretaria da Fundación entre 2015 e maio de 2017.

Entre 2007 e 2008 formou parte do consello de redacción de Longalingua. Revista Galega de Lingua e Sociedade, da Mesa pola Normalización Lingüística. Desde 2011 forma parte do consello de redacción de Andaina. Revista Galega de Pensamento Feminista. Ten colaborado en publicacións como Grial, A Nosa Terra, Barbantia ou a revista dixital Cómaros verdes.

Dá clases no IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa. Con anterioridade impartiu docencia no IES de Brión e no IES As Bizocas do Grove.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Vida e obra de María Mariño (Ed. Galaxia, 2007)
  • Lingua e Literatura galega. 1º de bacharelato (Ed. Galaxia, 2008; con Mercedes Álvarez, Xesús Román Laiño e Antón Riveiro Coello)
  • Lingua e Literatura galega. 2º de bacharelato (Ed. Galaxia, 2009; con Serafín Alonso Pazos, Mercedes Álvarez, Manuel Forcadela e María Xesús Nogueira)
  • Mecas. A memoria das mulleres (Imagraf, 2009; coordinadora)
  • Mecos. A memoria dos homes (Imagraf, 2010; coordinadora)
  • As colareiras do Grove (Todogrove Edicións, 2010; con Antón Mascato)
  • Trasalba, terra literaria. Unha viaxa a través da obra de ROP (Ed. Galaxia, 2011)
  • Na casa grande de don Ramón (Ed. Galaxia, 2011; caderno de exercicios)
  • Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía (Ed. Galaxia, 2017; con Afonso Vázquez-Monxardín)
  • Dicionario dos alcumes do Grove (Nova Galicia Edicións, 2011; con Arximiro Fernández Cabanelas, Rosabel Magdalena e Antón Mascato.
  • Talasonimia do Grove (Difusora de Letras e Ideas, 2013; coordinadora)
  • Aquilino Iglesia Alvariño en Vilagarcía de Arousa como poeta e incitador literario (concello de Vilagarcía de Arousa, 2017; con epílogo] de Xesús Alonso Montero)

Editora[editar | editar a fonte]

  • María Mariño. Antoloxía poética (Galaxia, 2007)
  • Eça de Queirós: O Mandarim (Candeia Editora, 2008; xunto a Xosé Manuel Sarille)
  • Ramón Otero Pedrayo: Cartas á nai (1905-1950) (Galaxia, 2007; xunto a Mónica Pazos Martínez)
  • Ramón Otero Pedrayo: Cartas á nai (1951-1956) (Galaxia, 2007; xunto a Mónica Pazos Martínez)
  • Primitivo Rodríguez Sanjurjo y su epistolario con Otero Pedrayo (Deputación de Ourense, 2015; con Afonso Vázquez Monxardín)

Premios[editar | editar a fonte]

Primeiro premio do Certame Literario-pedagóxico sobre a poesía de Lorenzo Varela, convocado polo Concello de Monterroso (2017).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Patricia_Arias_Chachero&oldid=4995311"