Patricia Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Patricia Vázquez García
Nome completo Patricia Vázquez García
Nacemento [cando?]
Lugar Santiago de Compostela
Nacionalidade España
Profesión actriz
editar datos en Wikidata ]

Patricia Vázquez García, nada no barrio de Vista Alegre de Santiago de Compostela,[cando?] é unha actriz galega [1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Conta con máis de dúas décadas de experiencia no mundo do teatro profesional, tendo representado con compañías dramáticas como o Centro Dramático Galego, Escola Dramática Galega, Ollomol Tranvía ou Teatro da Lúa, sen esquecer a súa faceta de contacontos, que comezou realizando en parella con Carlos Blanco para logo continuar en solitario.

No ano 2005 funda a compañía teatral Sapristi, xunto con Nuria Sanz.

Ten realizado multitude de traballos na TVG, destacando o seu papel da xuíza Sabela Muíños nas últimas temporadas de Mareas vivas. Participou tamén nos programas Luar, Apaga a luz, O rei da comedia, O show dos Tonechos, Zaping Comando, Land Rober Tunai Show e Air Galicia da mesma canle, e colaborou nun episodio das series Hospital Central e M.I.R. de Telecinco.

Dende 2008 ata 2015 dou vida á personaxe de Lidia en Padre Casares e dende 2011 a Elvira en Era visto!

En cine traballou en Blanca Madison, na curtametraxe Aínda máis difícil e n´Os fenómenos.

Foi portavoz da Burla Negra, colectivo integrado na plataforma Nunca Máis, e en 2003 foi nas listas do BNG ao concello de Santiago.[2]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2013 Mellor actriz Era visto! Nomeada

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Patricia_Vázquez&oldid=4954702"