Patrick Godfrey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Patrick Gdofrey
Nome completo Patrick Lindesay Archibald Godfrey
Nacemento 13 de febreiro de 1933 (85 anos)
Lugar Finsbury, Londres, Inglaterra Inglaterra
Nacionalidade Reino Unido
Cónxuxe(s) Amanda Walker (dende 1960- actualmente)
Fillos Kate Godfrey e outro fillo máis
Profesión Actor
editar datos en Wikidata ]

Patrick Godfrey nado o 13 de febreiro de 1933 é un actor británico de cine, televisión e teatro.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fillo de Lois Mary Gladys (Turner de solteira) e Frederick Godfrey, que era reverendo. Está casado coa tamén actriz Amanda Walker dende o 20 de abril de 1960 e teñen dous fillos.

Godfrey e maila súa muller forman parte da xunta asesora da escola de teatro británico Cygnet Training Theatre, que se sitúa en Exeter, Devon.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa andaina cinematográfica en 1972 con Miss Julie e apareceu en varios filmes británicos da década dos oitenta, noventa e dous mil, incluíndo Unha habitación con vistas, The Remains of the Day, The Importance of Being Earnest e The Count of Monte Cristo.

Tamén interpretou a Leonardo da Vinci na adaptación da Cinsenta Ever After, xunto con Drew Barrymore e Dougray Scott.

Fixo moitas aparicións na televisión, entre as que destacan nas series Doctor Who e Inspector Morse.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Miss Julie (1972)
  • Heat and Dust (1983)
  • Unha habitación con vistas (1985)
  • Foreign Body (1986)
  • Clockwise (1986)
  • Maurice (1987)
  • On the Black Hill (1987)
  • The Girl in a Swing (1988)
  • Manifesto (1988)
  • Black and White (1992)
  • The Remains of the Day (1993)
  • The Trial (1993)
  • The Gambler (1997)
  • Ever After (1998)
  • The Miracle Maker (2000)
  • My Brother Tom (2001)
  • The Importance of Being Earnest (2002)
  • The Count of Monte Cristo (2002)
  • Oliver Twist (2005)
  • Shadow of the Sword (2005)
  • 2057 (2007)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Patrick_Godfrey&oldid=4708766"