Paul Dirac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paul Adrien Maurice Dirac
Nobel prize medal.svg
Dirac 4.jpg
Paul Dirac.
Datos persoais
Nacemento8 de agosto de 1902
LugarBristol, Inglaterra
Falecemento20 de outubro de 1984
LugarTallahassee, Florida, EUA
NacionalidadeReino Unido e Suíza
CónxuxeMargit Dirac
Actividade
CampoFísica
Director de teseRalph H. Fowler
Contribucións e premios
Coñecido porEquação de Dirac
PremiosPremio Nobel de Física en 1933
editar datos en Wikidata ]

Paul Adrien Maurice Dirac, nado en Bristol o 8 de agosto de 1902 e falecido en Tallahassee, Florida, o 20 de outubro de 1984, foi un físico inglés pioneiro na física cuántica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seu pai, Charles, foi un inmigrante do cantón suízo de Valais que ensinaba francés. A súa nai, orixinaria de Cornualles, era filla de mariñeiros. Paul tiña unha irmá pequena e un irmán maior. A súa primeira etapa familiar parece ser infeliz, pola infrecuente severidade e autoritarismo do seu pai. Estudou na Bishop Primary School e no Merchant Venturers Technical College, unha institución da universidade de Bristol, que enfatizaba as ciencias modernas (algo infrecuente na época, e ao que Dirac estaría sempre agradecido).

Graduouse en enxenaría eléctrica na universidade de Bristol en 1921. Tras traballar por pouco tempo como enxeñeiro, Dirac decidiu a súa verdadeira vocación eran as matemáticas. Completou outra carreira en matemáticas en Bristol en 1923 e pasou a traballar na Universidade de Cambridge, onde desenvolvería a maior parte da súa carreira. Empezou a interesarse pola Teoría da Relatividade e o nacente campo da física cuántica, e traballou baixo a supervisión de Ralph Fowler.

En 1926 desenvolveu unha versión da mecánica cuántica na que unía o traballo previo de Werner Heisenberg e o de Erwin Schrödinger nun único modelo matemático que asocia cantidades medibles con operadores que actúan no espazo vectorial de Hilbert e describe o estado físico do sistema. Por este traballo recibiu un doutoramento en física por Cambridge.

No 1928, traballando nos spins non relativistas de Pauli, achou a ecuación de Dirac, unha ecuación relativista que describe ó electrón. Este traballo permitiu a Dirac predicir a existencia do positrón, a antipartícula do electrón, que interpretou para formular o mar de Dirac. O positrón foi observado por primeira vez por Carl Anderson en 1932. Dirac contribuíu tamén a explicar o spin como un fenómeno relativista.

O Principio da Mecánica Cuántica de Dirac, publicada en 1930, converteuse nun dos libros de texto máis comúns na materia e aínda hoxe é utilizado. Introduciu a notación de Bra-ket e a función delta de Dirac.

En 1931 Dirac amosou que a existencia dun único monopolo magnético no Universo sería suficiente para explicar a cuantificación da carga eléctrica. Esta proposta recibiu moita atención pero ata a data non hai ningunha proba convincente da existencia de monopolos.

Paul Dirac compartiu en 1933 o Premio Nobel de Física con Erwin Schrödinger "polo descubrimento de novas teorías atómicas produtivas." Dirac obtivo a cátedra Lucasiana de matemáticas da Universidade de Cambridge onde exerceu como profesor de 1932 a 1969. Alí coñeceu e desposou en 1937 á filla de Eugene Wigner, Magrit.

Dirac pasou os últimos anos da súa vida na Florida State University ("Universidade Estatal de Florida") en Tallahassee, Florida. Alí morreu o 20 de outubro de 1984, e en 1995 colocouse unha placa no seu honor en Westminster Abbey en Londres.

Ideoloxía[editar | editar a fonte]

Dirac era un ateo recoñecido. Tras falar con Dirac, Pauli dixo nas súas crónicas: "Se entendo correctamente a Dirac, el di: non hai Deus, e Dirac é o seu profeta".

Dirac era coñecido entre os seus colegas pola súa natureza precisa e taciturna. Cando Niels Bohr queixábase de que non sabía como acabar unha determinada frase nun artigo científico, Dirac replicoulle: "A min ensináronme na escola que nunca se debe empezar unha frase sen saber o final da mesma". Cando visitou a URSS, foi invitado a unha conferencia en filosofía da física. El simplemente púxose de pé e escribiu no taboleiro: "As leis físicas deben ter a simplicidade e beleza das matemáticas".

Cando nunha ocasión preguntáronlle sobre poesía, contestou: "en ciencia un intenta dicir á xente, nun xeito en que todos o poidan entender, algo que nunca ninguén soubo antes. A poesía é exactamente o contrario".

Dirac era tamén recoñecido pola súa modestia. Chamou á ecuación da evolución temporal dun operador mecánicocuántico, "a ecuación de movemento de Heisenberg", cando foi el o primeiro en escribila. Para referirse á estatística de Fermi-Dirac o sempre insistiu en dicir estatística de Fermi.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Paul_Dirac&oldid=4905915"