Paul J. Crutzen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Paul Jozef Crutzen
Nobel prize medal.svg
Paul Crutzen.jpg
Paul Jozef Crutzen
Datos persoais
Nacemento 3 de decembro de 1933 (84 anos)
Lugar Ámsterdan Países Baixos Países Baixos
Residencia Países Baixos Países Baixos
Nacionalidade holandés
Cónxuxe
  • Terttu Soininen
  • Actividade
    Campo
  • Química e física
  • Alma máter
  • Universidade de Estocolmo
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • comprensión da formación do buraco da capa de ozono
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1995)
  • editar datos en Wikidata ]


    Paul Jozef Crutzen, nado o 3 de decembro de 1933 en Ámsterdan (Países Baixos) é un químico holandés, gañador do premio Nobel de Química en 1995 polas súas investigacións sobre a incidencia do ozono na atmosfera.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Naceu en Amsterdam en 1933 e en 1973, estudou enxeñería, en 1958 establécese en Suecia coa súa familia, traballa na Universidade de Estocolmo ata 1974 e onde obtén o título de doutor en Meteoroloxía. traballou na Universidade de Oxford, Inglaterra e no "National Center for Atmospheric Research" (NCAR), Boulder, Colorado, en Estados Unidos. Desde 1980 é membro da Sociedade Max-Planck para o avance da ciencia e Director da División de química atmosférica do Instituto Max-Planck, en Maguncia (Alemaña) e desde 1983 director executivo desta mesma institución.

    Traballo científico[editar | editar a fonte]

    Activista no campo das ciencias ambientais contribuíu, xunto a Mario J. Molina e Frank Sherwood Rowland,á comprensión da formación do buraco da capa de ozono. Os seus estudos sobre as substancias contaminantes permitiron a comprensión do posible cambio climático que padece a Terra, relacionada coa emisión dos Clorofluorocarbonos (CFC) e outros gases organohalóxenos cun desprazamento do equilibrio químico na formación e destrución do ozono estratosférico.

    En 1995 foi galardoado xunto a Molina e Rowland, co Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a química da atmosfera, especialmente sobre a formación e descomposición do ozono.

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Outros artigos[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    George Andrew Olah
    Premio Nobel de Química
    Nobel prize medal.svg

    1995
    con
    Mario J. Molina
    e Frank Sherwood Rowland
    Sucesor:
    Robert Curl,
    Harold Walter Kroto
    e
    Richard Errett Smalley


    Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Paul_J._Crutzen&oldid=4654541"