Paul Krugman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paul Krugman
Nobel prize medal.svg
Paul Krugman-press conference Dec 07th, 2008-4.jpg
Paul Krugman na Biblioteca Nacional Alemá de Frankfurt
Nome completoPaul Robin Krugman
Nacemento28 de febreiro de 1953
 Albany, Nova York
NacionalidadeFlag of the United States.svg estadounidense
EtniaPobo xudeu
Educado enInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts e Universidade Yale
Ocupacióncolunista, economista, ensaísta, blogueiro, catedrático de universidade, actor, comentador, xornalista e escritor
CónxuxeRobin Wells
PremiosAdam Smith Award, Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais, Four Freedoms Award - Freedom of Speech, Medalha John Bates Clark, Premio Nobel de Economía, Prêmio H. C. Recktenwald de Economia, James Joyce Awards, Global Economy Prize e Gerald Loeb Award
editar datos en Wikidata ]

Paul Robin Krugman, nado o 28 de febreiro de 1953 en Albany, Nova York, é un economista, divulgador e xornalista norteamericano, próximo ás formulacións neokeynesianos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 2011 era profesor de Economía e Asuntos Internacionais na Universidade de Princeton. Dende 2000 escribe unha columna no periódico New York Times. En 2008 foi galardoado co Premio Nobel de Economía.[1] Krugman é probabelmente máis coñecido polo público como forte crítico das políticas económicas e xenerais da administración de George W. Bush, que presentou na súa columna.

Escribiu máis de 200 artigos e 21 libros -algún deles académicos, e outros de divulgación-. Preocupouse por reformular modelos matemáticos para resolver o problema de onde ocorre a actividade económica e por que.

En 1991 a American Economic Association concedeulle a medalla John Bates Clark. Gañou o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais no ano 2004 e o Premio Nobel de Economía en 2008.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Krugman Wins Nobel Prize for Economics". The New York Times (en inglés). 13 de outubro de 2008. Consultado o 5 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Paul_Krugman&oldid=4663899"