Paulino Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Paulino Fernández
Nacemento 1925
Falecemento 8 de marzo de 1989
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

Paulino Fernández Vázquez, nado en Surribas (Adá, Chantada) en 1925 e finado no mesmo lugar o 8 de marzo de 1989, foi un labrego galego, que se fixo famoso ao cometer o maior crime en serie da historia de Galicia.

O crime de Chantada[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Paulino Fernández estaba ao parecer preocupado pola propiedade dunhas terras que mercara a uns parentes que vivían en Brasil[1], que non estaban ao seu nome no catastro, conforme relatou o seu avogado e daquela alcalde de Chantada, Serxio Vázquez Yebra, que falou na mañá do crime con el. Esa mesma mañá falou tamén co notario e despois fixera algúns recados pola vila de Chantada co seu irmán, Marcelino Fernández, co que quedou a xantar na casa deste.

Paulino estaba casado, e non tiña fillos; a súa muller tiña problemas de mobilidade e cegueira logo dun accidente[2].

Os feitos[editar | editar a fonte]

O 8 de marzo de 1989 contra as tres e media da tarde, de volta xa en Sorribas, Paulino Fernández saíu da súa casa e atacou cun coitelo da matanza o seu veciño José Gamallo. Este escapou e foi avisar a Garda Civil. Paulino volveu para a casa, sacou a pacer as vacas e foi con elas cara a Quinzán da Vila. De camiño atopou a catro veciños dunha mesma familia traballando nunha leira, e atacounos. Tres deles morreron no momento, e a cuarta tentou escapar por unha pista cara a Adá, pero Paulino atrapouna e asasinouna tamén. Nese momento atopou outro veciño, atacouno e deixouno ferido grave.

Decidiu entón volver cara a Surribas por Quinzán do Carballo, e polo camiño atacou a sete veciños máis, dos cales dous morreron no momento e unha máis faleceu ao cabo de vinte días polas feridas sufridas. No seu camiño tamén atopou outras persoas ás que non atacou.

Cando chegaron os gardas, Paulino xa volvera para a súa propia casa, de onde o seu irmán sacara a súa muller. Prendeulle lume á casa con el dentro e deitouse na cama. Faleceu como consecuencia deste incendio.

As vítimas[editar | editar a fonte]

Incluíndo o propio Paulino Fernández, houbo oito mortos[3]:

  • Avelina Moure Soengas (67)
  • Emilio Ramos Blanco (66)
  • José Lago García (59)
  • Celsa Sanmartín Ledo (63)
  • Aurora Sanmartín Ledo
  • Maximino Saa Sánchez (72)
  • Amadora Vázquez Pereira (43)

O enterro[editar | editar a fonte]

Cinco das vítimas, e tamén Paulino Fernández, foron soterradas o mesmo día na igrexa parroquial de Adá. O enterro do asasino realizouse unha hora antes da cerimonia conxunta das súas vítimas. A sexta vítima foi soterrada en Mato (Taboada).

Impacto cultural[editar | editar a fonte]

O crime de Paulino Fernández aparece citado na Longametraxe A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos (1993), do cineasta Antonio Blanco[4]. Tamén se menciona o seu nome na canción "Terra brava" de Os Diplomáticos de Monte Alto (1993)[5].

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Paulino_Fernández&oldid=4670306"