Paulino Pedret

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Paulino Pedret
Nacemento 20 de agosto de 1899
  Santiago de Compostela
Falecemento 26 de maio de 1969
Nacionalidade España
Educado en Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación sacerdote
editar datos en Wikidata ]

Paulino Pedret Casado, nado en Santiago de Compostela o 20 de agosto de 1899 e finado o 26 de maio de 1969, foi un sacerdote e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Emilio Pedret Tost e Sofía Casado Reinosa. Ingresou en 1909 no Instituto de Santiago para facer o Bacharelato, estudando ao mesmo tempo no Seminario. En 1922 foi ordenado presbítero en Tui. Antes de ordenarse sacerdote rematou os estudos de Dereito, obtendo a licenciatura en 1921, e o doutoramento en 1923. Tamén conseguiu a licenciatura en Ciencias Históricas en 1929.

En 1923 consegue unha praza de Capelán castrense. En 1928 regresou a Compostela e foi nomeado profesor axudante da Facultade de Dereito

Pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos e logo ao Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.

Ingresou na Real Academia Galega o 27 de xullo de 1941.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La Evolución de la enseñanza del derecho canónico en España, 1946.
  • José Andrés Cornide y la Galicia del s XVIII, 1948.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Paulino_Pedret&oldid=4767253"