Paulino Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Paulino Vázquez Vázquez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paulino Vázquez
Nacemento27 de febreiro de 1962
 Celanova
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

Paulino Vázquez Vázquez, nado en Vilanova dos Infantes (Celanova) o 27 de febreiro de 1962, é un poeta galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Desde o 1972 residiu en Vigo e en 1983 trasladouse a Santiago de Compostela, onde se licenciou en Filoloxía Galego-Portuguesa. Desde 1985 exerce a docencia no ensino medio, residindo definitivamente en Santiago desde 1987. Ten colaborado con artigos literarios en El Correo Gallego e as revistas Dorna e Grial.

Considerado un poeta dos oitenta, destaca polo coidadoso cultivo da intertextualidade.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Perdendo o tempo que fuxe como Xoán Sebastián Bach (1983, edición de autor).
  • Seixo de desfacer entre os dedos (1985, Sotelo Blanco).
  • Aquí podían ser os pés de arxila (1992, Sotelo Blanco).
  • Un áspero tempo de caliza (1994, Deputación da Coruña).
  • A experiencia inglesa (1998, edición de autor).
  • Arcaico o tempo que respira (Galaxia, 2008).

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984, Sotelo Blanco). Edición de Xosé Lois García.
  • Desde a palabra, doce voces (1986, Sotelo Blanco). Edición de Luciano Rodríguez Gómez.
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Edicións do Castro.

Edicións[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago no 1982, por Perdendo o tempo que fuxe como Xoán Sebastián Bach.
  • Premio Miguel González Garcés no 1994, por Un áspero tempo de caliza.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Diccionario da literatura galega. Vigo: Galaxia, 1995.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Paulino_Vázquez&oldid=5013792"