Paulo Coelho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Paulo Coelho
Medalla de Galiza.svg
Coelhopaulo26012007-1.jpg
Coelho no 2007.
Nacemento 24 de agosto de 1947 (70 anos)
Lugar Río de Xaneiro, Flag of Brazil.svgBrasil
Nacionalidade Brasil
Ocupación escritor, novelista, blogueiro, actor, compositor, poeta avogado, escritor de ciencia ficción, letrista e autor-compositor
Cónxuxe Christina Oiticica
Xéneros Narrativa e lírica
Coñecido/a por O alquimista, O Monte Cinco, Veronika Decide Morrer, Onze Minutos, Brida, Na Margem do Rio Piedra Eu Sentei e Chorei, O Demônio e a Srta. Prym, O Zahir e A Bruxa de Portobello
Premios Golden Feather e cabaleiro da Lexión de Honra
editar datos en Wikidata ]

Paulo Coelho de Souza, nado no Río de Xaneiro o 24 de agosto de 1947, é un escritor e compositor brasileiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Paulo Coelho naceu nunha familia de clase media e de forte influencia católica, no Río de Xaneiro, onde estudou nun colexio xesuíta. Contrastando coa forte disciplina que se lle impón, tórnase rebelde e, aos dezasete anos, foi dúas veces internado como louco nunha clínica psiquiátrica.

No final da década de 1960, adheriuse ao movemento hippy, e no comezo da seguinte coñece a Raul Seixas, de quen se torna parceiro en diversas músicas que revolucionan o Rock brasileiro. Usa drogas, participa da "Sociedade Alternativa", e compón para diversos artistas, como Elis Regina e Rita Lee.

Como escritor, ocupou sistematicamente as primeiras posicións na clasificación dos libros máis vendidos no mundo. Vendeu máis de 65 millóns de libros[cando?], sendo o autor mais vendido en lingua portuguesa de todos os tempos, superando até mesmo Jorge Amado (cuxas vendas suman 54 millóns de libros). En 2002 foi elixido para ocupar a cadeira número 21 da Academia Brasileira de Letras, cuxo patrón é Joaquim Serra, (1838-1888).

Paulo Coelho é un dos brasileiros mais influentes no mundo, con lectores como Sharon Stone, Madonna, Russell Crowe, Will Smith, entre outros.

Mesmo con tantos fans, Paulo Coelho non é unánime entre a crítica. Algunhas opinións desaproban os seus libros e cualifícanos de "literatura esotérica de auto-axuda". A mesma crítica tamén contesta o seu ingreso na Academia Brasileira de Letras.

A súa última obra, O Zahir, foi lanzada primeiramente no Irán para poder ser rexistrada como obra local naquel país para que poidan ser procesados aqueles que fixeren copias ilegais do libro en lingua persa. O Zahir terá o maior lanzamento simultáneo en varias linguas dunha obra en lingua portuguesa.

Para escribir O Zahir, Paulo Coelho pasou unha temporada no Casaquistán, país onde a obra se sitúa, chegando a participar dunha caza á raposa, mais xura que non disparou ningún tiro. Outra curiosidade de Paulo Coelho é que as campañas de mercadotecnia dos seus libros ao seren lanzados, necesitan da aprobación del e da súa axente, Mônica Antunes, após de seren traducidos ao inglés. Paulo Coelho escribe os seus libros nun apartamento seu na Avenida Atlântica no Río de Xaneiro, e posúe tamén unha casa de retiro en Francia, na rexión dos Pireneos.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Arquivos do inferno (1982).
  • Manual prático do vampirismo (1986) retirado polo autor.
  • O diário de um mago (1987).
  • O alquimista (1988).
  • Brida (1990).
  • O dom supremo (1991).
  • As valkírias (1992).
  • Na margem do rio Piedra eu sentei e chorei (1994).
  • Maktub (1994), escolma das súas mellores columnas publicadas na Folha de São Paulo.
  • Frases (1995), compilación de textos.
  • O Monte Cinco (1996).
  • O manual do guerreiro da luz (1997).
  • Veronika decide morrer (1998).
  • Palavras essenciais (1999).
  • O demônio e a Srta. Prym (2000).
  • Histórias para pais, filhos e netos (2001), colectánea de contos tradicionais.
  • Onze minutos (2003).
  • O Gênio e as Rosas (2004).
  • O Zahir (2005).

Outros traballos[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

  • O dom supremo (Henry Drummond)
  • Cartas de Amor de um profeta (Khalil Gibran)

Músicas con Raul Seixas[editar | editar a fonte]

  • Eu nasci há dez mil anos atrás
  • Gita
  • Al Capone

Principais premios e condecoracións[editar | editar a fonte]

  • Grand Prix Litteraire Elle (Francia, 1995)
  • Knight of Arts and Letters (Francia, 1996)
  • Flaiano International Award (Italia, 1996)
  • Super Grinzane Cavour Book Award (Italia, 1996)
  • Golden Book (Iugoslavia 1995, 1996, 1997, 1998)
  • Finalist for the International IMPAC Literary Award (Irlanda, 1997)
  • Comendador da Orde do Rio Branco (Brasil, 1998)
  • Crystal Award World Economic Forum (1999)
  • Medalla de Ouro de Galicia (España, 1999)
  • Chevalier de L'Ordre National de la Legion d'Honneur (Francia, 2000)
  • Crystal Mirror Award (Polonia, 2000)
  • Premio Fregene de Literatura (Italia, 2001)
  • Premio Bambi de Personalidade Cultural do Ano (Alemaña, 2001)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Paulo_Coelho&oldid=4739357"