Pazo de Mariñán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 43°18′56.71″N 08°13′04.18″O / 43.3157528, -8.2178278

Pazo Mariñán
Escalinata posterior Pazo Mariñán II.jpg
Concello Bergondo
Provincia A Coruña
Comunidade Galicia
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal (barroco)
(século XV)
Estilo actual (século XVIII)
Estado actual Bo [1]
Véxase tamén
Pazos de Galicia

O Pazo de Mariñán é un pazo do século XVIII, que se atopa no lugar de Mariñán, no concello de Bergondo. Foi declarado Conxunto Histórico-Artístico en 1972.

Descrición[editar | editar a fonte]

Sitúase a 25 km da cidade da Coruña, na marxe esquerda do río Mandeo, moi próximo a poboacións históricas como Betanzos e Pontedeume. Presenta elementos barrocos no seu corpo arquitectónico e no seu xardín de estilo francés.

Detalle da escalinata

Ten a súa orixe no século XV. Gómez Pérez das Mariñas I, nobre da corte de Xoán II de Castela, mandou construír unha defensa. Inicialmente era coñecido como Pazo de Bergondo. Gómez Pérez das Mariñas participou activamente na Gran Guerra Irmandiña (1467-1469).

Foise herdando de pais a fillos ata chegar a mans de Gerardo Bermúdez de Castro y Suárez de Deza, señor de Láncara. Un antepasado seu foi Luís de Pimentel e Soutomaior, que intentou asasinar á súa muller, Inés de Ribadeneira, nas dependencias do pazo.

Ó morrer Gerardo Bermúdez en 1936 sen descendencia, o pazo quedou legado á Deputación da Coruña para fins sociais. Ó ser os seus últimos propietarios Señores de Láncara, o pazo foi coñecido polos seus contemporáneos como Pazo de Láncara, sendo así recordado pola veciñanza de máis idade. Asemade na declaración como conxunto histórico artístico no 1972 se fará mención a este dobre nome, que oculta o máis antigo de Pazo ou Quinta de Bergondo. O Pazo de Láncara (Lugo) tamén formaba parte do legado de Gerado Bermúdez de Castro.

Á morte deste benfeitor a súa doazón pasou case inadvertida; o Pazo foi nomeado Fogar Xeneralísimo Franco e co beneficio de vendas de terras se fixeron colexios e outros centros asistencias, ningún dos cales leva o seu nome.

Conta cunha pinacoteca visitable, centrada en cadros dos séculos XIX e XX, moitos deles galegos, e as súas dependencias están ambientadas con mobiliario principalmente do século XIX.[2]

Xardín[editar | editar a fonte]

O xardín do pazo conta con exemplares botánicos de gande importancia, tres deles figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia:

Ademais o grupo de Plátanos comúns figura no mesmo catálogo, na categoría de formacións senlleiras.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • José Manuel García Iglesías (2001). Guía dos pazos de Galicia - A Coruña. Editorial Galaxia S.A. ISBN 84-8288-434-4. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pazo_de_Mariñán&oldid=4632298"