Pazo do Hórreo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pazo do Hórreo
Sede do Parlamento de Galicia.JPG
Vista da fachada do pazo de Hórreo.
Edificio
Nome inicialFacultade de Veterinaria
TipoPazo urbano, facultade
EnderezoRúa do Hórreo 63, 15701
LocalizaciónSantiago de Compostela, GALb
PropietarioXunta de Galicia
Uso(s)Sede do Parlamento de Galicia (dende 1989)
Construción
Inicio25 de marzo de 1903
Remate2 de outubro de 1915
Remodelación1986
Dimensións
Plantasplanta terrea e sobrado
Equipo
Arquitecto(s)Antonio Bermejo Arteaga
ContratistaEugenio Montero Ríos

O Pazo do Hórreo é un edificio de comezos do século XX situado na Rúa do Hórreo 63, na cidade capital galega de Santiago de Compostela, actual sede do Parlamento de Galicia.

Historia[editar | editar a fonte]

O autor do proxecto do edificio foi Antonio Bermejo Arteaga, contando como mecenas ao político Eugenio Montero Ríos.[1] Inspirouse na francesa École nationale d'Alfort.[2] Comezouse a construír o 25 de marzo de 1903, co obxectivo de albergar a Escola de Veterinaria de Santiago de Compostela,[3] inaugurándose para tal fin o 2 de outubro de 1915.[4]

Durante o Directorio Militar da ditadura de Primo de Rivera pechouse a escola, e posteriormente transformaríase nun cuartel.[3]

En 1986, o edificio, que pertencía ao Ministerio de Defensa, foi adquirido polos presidentes da Xunta de Galicia e do Parlamento de Galicia.[4] Tras acometerse reformas, comezou a operar como a sede do Parlamento galego o 1º de marzo de 1989.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pazo_do_Hórreo&oldid=4605181"