Pedro Boado Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pedro Boado Sánchez
Nome completoPedro Boado Sánchez
Nacementodata descoñecida
 Quintás (Coles)[1]
Falecemento1823?
 Océano Atlántico
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico [2]
Estudosdoutor en leis
editar datos en Wikidata ]

Pedro Boado Sánchez, nado en Quintás (A Barra, Coles)[3] e finado en 1823 no Océano Atlántico, foi un político e escritor galego, doutor en leis, de ideoloxía liberal.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diálogo entre dos labradores.[5]

Residía na Coruña en 1814 cando foi denunciado polos absolutistas como un dos liberais máis radicais. Era secretario do xefe político e acababa de ser nomeado maxistrado de Pamplona cando a restauración do absolutismo freou a súa carreira.[6] Participou no pronunciamento constitucional coruñés de 1820.[1] Foi secretario da Sociedad Patriótica da Coruña e nomeado xefe político dos distritos de Tui e Ourense e posteriormente da provincia de Ourense (1822).[7] Fundou o Boletín Oficial de Ourense, de tendencia liberal.[8] En xuño de 1823 publicou Diálogo entre dos labradores gallegos afligidos y un abogado instruido, despreocupado y compasivo,[5] coloquio de propaganda ideolóxica liberal no que dous dos personaxes, os labradores Francisco González e Manuel Ribera, falan galego e os outros dous, o avogado e o amanuense, falan castelán.[4][9]

En xullo marchou exiliado a Porto, morrendo no mesmo ano, nun incendio,[10] cando ía embarcado fuxindo do absolutismo portugués.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pedro_Boado_Sánchez&oldid=5199401"