Pedro Pena Gamallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pedro Pena Gamallo
Nacemento27 de marzo de 1853
 Santiago de Compostela
Falecemento18 de xuño de 1920
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Pedro Pena Gamallo, nacido en Santiago de Compostela o 27 de marzo de 1853[1] e finado na mesma cidade o 18 de xuño de 1920[2], foi un industrial e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi peiteador de profesión, propietario de varios establecementos santiagueses, como a "Peluquería y Barbería de Pedro Pena" (Rúa do Vilar, 45), "La Reina del Tocador. Perfumería de Pedro Pena" (Rúa do Vilar, 66) e o "Gran Salón de Peluquería de Pedro Pena" (Praza do Toural, 3).

Membro do Partido Liberal vencellado ao monterismo, foi concelleiro de Santiago de Compostela dende 1889. Logo da dimisión do alcalde Lino Torre Sánchez-Somoza o 17 de xaneiro de 1909, foi nomeado alcalde interino de Santiago de Compostela o 23 de xaneiro, permanecendo no cargo até mediados de febreiro de 1909. Posteriormente volveu ser concelleiro e Tenente-Alcalde, ocupando de novo accidentalmente a alcaldía no mes de maio do mesmo ano por enfermidade do alcalde, o Sr. Fuentes.


Predecesor:
Lino Torre Sánchez-Somoza
 Escudo de Santiago de Compostela.svg
Alcalde de Santiago
 
1909
Sucesor:
Manuel Fuentes Rodríguez

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Gabriela Pérez Pereira e tivo dous fillos, María e Pedro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Padrón veciñal de Santiago dos años 1900 e 1903 (AHUS http://www.usc.es/arquivo/).
  2. El Compostelano, 19-6-1920, p. 4.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pedro_Pena_Gamallo&oldid=4732210"