Pedro Santisteve

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pedro Santisteve
Pedro Santisteve

Actualmente no cargo
Dende o 13 de xuño de 2015
Precedido por Juan Alberto Belloch
Sucedido por Luis Felipe Serrate

Datos persoais
Nacemento 28 de maio de 1958
Zaragoza, España España
Partido Zaragoza en Común

Pedro Santisteve Roche, nado en Zaragoza o 28 de maio de 1958, é un avogado penalista, activista social e profesor universitario aragonés. É o alcalde de Zaragoza dende o 13 de xuño de 2015.

Biografía[editar | editar a fonte]

Santisteve licenciouse en Dereito e exerce dende 1984 como avogado penalista. Ao longo da súa traxectoria persoal destacouse pola súa crítica ao sistema penitenciario actual e pola defensa dos dereitos das persoas encarceradas. É fundador da Asociación de Seguimento e Apoio a Presas e Presos en Aragón (ASAPA), que en 2000 recibiu da Deputación Xeral de Aragón a Medalla ao Mérito Social. Dende a década de 1990 é profesor na facultade de Dereito da Universidade de Zaragoza.

Carreira política[editar | editar a fonte]

A entrada de Santisteve en política comezou co movemento 15-M. En 2015 resultou gañador do proceso de primario de Ganemos Zaragoza, no que participaron máis de 3.700 persoas. Deste modo, Santisteve foi o cabeza de lista da candidatura de unidade cidadá Zaragoza en Común (ZeC), na que conflúen movementos sociais, Podemos, Izquierda Unida, Equo, Puyalón de Cuchas, Piratas de Aragón, Somos e Demos+.

O programa co que esta candidatura concorreu aos comicios municipais estivo baseado na transparencia institucional, a toma de decisións participativa, a rendición de contas e unha política social máis ampla.

Esta candidatura, liderada por Santisteve, obtivo nas eleccións municipais do 24 de maio de 2015 80.040 votos (24,57%) e 9 concelleiros, quedando como a segunda forza política por detrás do PP, con 10 concelleiros, e por enriba do PSOE, con 6 concelleiros.

O 13 de xuño de 2015 Pedro Santisteve foi investido alcalde de Zaragoza grazas aos votos dos concelleiros de Zaragoza en Común (ZeC), o PSOE e Chunta Aragonesista (CHA).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Santisteve, novo alcalde de Zaragoza co apoio de PSOE e CHA". Heraldo.es. 13 de xuño de 2015. Consultado o 13 de xuño de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Juan Alberto Belloch
Escudo de Zaragoza.svg
Alcalde de Zaragoza

13 de xuño de 2015 - actualidade
Sucesor:
No cargo
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pedro_Santisteve&oldid=4906182"