Pedro de Vitoria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pedro de Vitoria
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

O bacharel Pedro de Vitoria ou de Victoria, nado en data descoñecida e finado en 1541 ou 1542, está considerado como o primeiro reitor da Universidade de Santiago de Compostela xa que foi o primeiro catedrático do Estudio Vello, considerado o berce da universidade[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Poucos datos hai da súa vida. Polo seu testamento, datado o 13 de outubro de 1535, sábese que era fillo de Diego de Vaztierra e de María López de Letona, ambos os dous naturais de Vitoria; que probabelmente tiña un irmán en Compostela chamado Diego de Vaztierra, a quen aforou uns terreos propiedade do Estudio Vello; e que era clérigo, pois mandou ser soterrado cos seus hábitos sacerdotais. No mesmo testamento fai unha doazón de 500 ducados a outro Pedro de Vitoria, niño, o cal fai pensar que fora fillo seu[1].

Foi nomeado profesor do Estudio Vello por documento asinado en Salamanca o 22 de xaneiro de 1506 polo bispo de Mondoñedo, Diego de Muros, sendo o único profesor do Estudio e exercendo tamén os labores administrativos deste. Son de destacar as continuas queixas pola falta de cartos para a dotación de aparellos e mobiliario, manifestando en máis dunha ocasión ter que poñer do seu peto os cartos necesarios sen que estes lles fosen reintegrados[1].

Segundo o Cardeal Sanjurjo, o seu labor docente foi continuado e eficaz, ao tempo que fixo unha administracción moi intensa e proveitosa para o Estudio[1].

Descoñécese con exactitude a data da súa morte, mais pola análise de documentos da época, semella que debeu de ocorrer a finais de 1541 ou comezos de 1542. Deixou escrito no seu testamento que fora soterrado na Quintana de Palacios[2].


Predecesor:
Cargo novo
 USClogotipo.gif
Reitor da Univ. de Santiago
 
1503 - 1534
Sucesor:
Lope Sánchez de Ulloa

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,21,3 Cabeza de León 1946, Tomo I, pp. 28-29
  2. Cabeza de León 1946, Tomo I, p. 30

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pedro_de_Vitoria&oldid=5226890"