Pepe Barro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pepe Barro
Nacemento1955
 Pontedeume
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndeseñador gráfico e escritor
editar datos en Wikidata ]

Xosé Barro, coñecido como Pepe Barro, nado en 1955 en Pontedeume, é un deseñador, ilustrador e escritor galego[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiro como independente (1977), despois á fronte do Grupo Revisión (1985)[2] ou desde Barro Deseño (2013)[3] leva desenvolvendo traballos de deseño editorial coma o do semanario A Nosa Terra (1977), o Diario de Galicia (1987), a revista Tempos (1996), e as publicacións de Turgalicia entre 2001 e 2004.[4] No 2000 o Museo Raíña Sofía elixiu o de Turgalicia como un dos cen logos do século XX.[5] Tamén proxectou a identidade corporativa da Universidade da Coruña, o Consello da Cultura Galega, Edicións Xerais, Denodo e Culturgal. Tamén deseñou exposicións como a do centenario da Real Academia Galega (2006); Rosalía de Castro, no principio foi o verso (2013)[6], ou a Casa-Museo Manuel Antonio (2011)[7]

En 2016 deseñou as exposicións Con-fío en Galicia[8]; Saúde e Terra, irmá(n)s!, centenario das Irmandades da Fala[9], Galicia 100, obxectos para contar unha cultura[10]. En 2017 concluíu a renovación museolóxica e museográfica da Casa Museo de Rosalía. Outros traballos seus son os deseños para a selección galega de fútbol, a caixa de ovos do pazo de Vilane[11], os albariños Terra de Asorei e mesmo os primeiros «cuponazos» da ONCE.[12] Ademais ilustrou libros como Arnoia, Arnoia ou Cantares gallegos.[13]

É membro da Asociación Galega de Deseño (DAG).[14]

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • O como é o que conta (2004), autoedición. Trinta artigos sobre o deseño, a cultura e a imaxe da cultura, edición de cen exemplares asinados e numerados.[15]
  • Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza (2018), Xerais, 304 páx. ISBN 978-84-9121-426-7. Segundo a editora: "Velaquí cen historias da historia da nosa cultura, cen artigos que son un convite a debullar os códigos da comunicación visual[16]".

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio da Crítica Galega en 1983.[17]
  • Premio Galicia de Deseño Ateneo de Ourense en 1984.[18]
  • Premio Xerais á Cooperación Editorial en 2000.[19]
  • Premio AEPD en 2006.[4]
  • Premio de Honra do Cluster da Comunicación Gráfica de Galicia en 2017.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ficha do autor en Xerais". xerais.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  2. "Barro, Salgado, Santana (Grupo Revisión Deseño)". gruporevision.net. Consultado o 20/12/2018. 
  3. "Barro Deseño". pepebarro.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  4. 4,04,1 "feet 2010" (PDF). xunta.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  5. "Pepe Barro". didac.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  6. "A exposición ‘No principio foi o verso. Rosalía de Castro’ inaugurarase o 15 de maio". rosalia.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  7. "Casa museo Manuel Antonio". dag.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  8. "Con-Fío en Galicia". confioengalicia.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  9. "Saúde e terra, irmá(n)s" (PDF). academia.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  10. "«Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura» en A Coruña". afundacion.org. Consultado o 20/12/2018. 
  11. Pepe Barro, creador de la caja de huevo campero Pazo de Vilane (You Tube). 20/12/2018. 
  12. "Entrevista a Pepe Barro". dag.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  13. Ilustracións de Pepe Barro para 'Cantares gallegos' (You Tube). 20/12/2018. 
  14. "Socios". dag.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  15. "O como é o que conta. O libro achega un feixe de artigosde Pepe Barro sobre o deseño, a cultura e a imaxe da cultura.". dag.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  16. "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  17. "Pepe Barro". premiosdacriticagalicia.org. Consultado o 20/12/2018. 
  18. "Pepe Barro". escolarte.com. Consultado o 20/12/2018. 
  19. "As tres Rosalías de Pepe Barro na EASD Antonio Faílde". dag.gal. Consultado o 20/12/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pepe_Barro&oldid=5184586"