Pepe Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pepe Rodríguez
Pepe Rodríguez 2.jpg
Nacemento29 de maio de 1962
 Xirona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónadestrador de baloncesto
editar datos en Wikidata ]
Pepe Rodríguez dirixindo un encontro do Breogán.

José Luis Rodríguez González, coñecido popularmente como Pepe Rodríguez, nado en Xirona o 29 de maio de 1962, é un adestrador profesional de baloncesto. Actualmente é adestrador asitente no UCAM Murcia daLiga ACB

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pepe Rodríguez comezou a súa andaina como adestrador nas categorías inferiores do Valvi Girona, chegando a adestrar ao primeiro equipo en ACB en 1993. Despois do seu paso na máxima categoría do baloncesto español, marcha aos Estados Unidos para ser adestrador axudante de Mike Montgomery nos californianos Stanford Cardinal da NCAA.

Despois do seu paso pola liga universitaria estadounidense, comezou a adestrar a diferentes equipos da Liga LEB (e da EBA, antes da existencia da propia LEB). Comezou a súa andaina no Gandía, pasando logo na primeira tempada da LEB a adestrar ao Melilla. Ao ano seguinte marcharía a Xixón, onde evitou o descenso do equipo, para volver a Melilla onde gañou a Copa Príncipe.

Despois deste equipo, e cunha etapa no Baloncesto Murcia, Rodríguez pasa a dirixir ao Ovarense Ovar da Liga Portuguesa de Baloncesto, co que foi subcampión de Copa e semifinalista da propia liga. Posteriormente foi adestrador asistente no Lucentum Alicante na ACB e, ao ano seguinte, votaría á LEB onde adestraría ao Ciudad de Huelva durante dúas tempadas, chegando nunha delas ás semifinais. Posteriormente volvería a Gandía, onde salva ao equipo do descenso. O 14 de decembro de 2010 asina contrato co Club Baloncesto Breogán de Lugo tralo cesamento de Rubén Domínguez polos malos resultados obtidos.

Equipos[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pepe_Rodríguez&oldid=5015868"