Perdigueiro galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Perdigueiro galego
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Familia: Canidae
Xénero: Canis
Orixe da raza

Orixe da raza

O perdigueiro galego é unha raza de cans de orixe galega. É un can de caza de mostra, especializado na caza de pluma (perdiz, arcea e paspallás). Tamén recibe o nome popular de "can das perdices".

A partir da década dos setenta, coa introdución de razas foráneas, foi moi mesturado e practicamente absorbido polos pointer ingleses e os braco alemáns, o que causou o declive e a práctica desaparición desta raza. Nestes momentos estase intentando recuperar a partir dos poucos exemplares que aínda se poden atopar en maior ou menor pureza, dispersos polas provincias de Lugo e Ourense.

Orixe[editar | editar a fonte]

As súas orixes remóntanse ao tipo antigo de braco italiano que, orixinariamente, chegou á Península Ibérica cos romanos e estableceuse en toda a zona comprendida entre o norte da provincia da Lusitania e o suroeste do que hoxe é Francia, sufrindo cambios morfolóxicos nas diferentes rexións xeográficas. Outras razas relacionadas son o perdigueiro portugués, perdigueiro de Burgos, pachón navarro ou de Vitoria, braco español e o braco francés (tipo Gascuña e tipo Pireneos).

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

A súa área de distribución abrangue toda a zona noroccidental da Península Ibérica, en zonas de terreo quebrado de bosque e monte baixo, con toxeiras e abundante vexetación arbustiva.

Era frecuente velos nas zonas ourensás da Mezquita e Viana do Bolo, así como nos concellos de Riós, Laza e A Veiga.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

É un can de tipo bracoide, de tamaño mediano, eumétrico e mesomorfo; ben proporcionado, de aspecto rexo, con peito amplo e con estrutura sólida, trotador, de movementos flexibles, forte e resistente. É excelente como can de mostra e bo cobrador tanto na terra coma na auga.

Teñen unha altura á cruz de 55–60 cm nos machos e de 50–55 cm nas femias.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Perdigueiro_galego&oldid=5121625"