Peter Weiss

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Peter Weiss
Peter Weiss 1982.jpg
Nacemento8 de novembro de 1916
 Nowawes
Falecemento10 de maio de 1982
 Estocolmo
CausaInfarto agudo de miocardio
SoterradoNorra begravningsplatsen
NacionalidadeAlemaña e Suecia
Educado enUniversidade de Westminster e Academia de Belas Artes de Praga
Ocupacióndramaturgo, escritor, pintor, realizador, director de cine e autor
CónxuxeHelga Henschen, Gunilla Palmstierna-Weiss e Carlota Dethore
FillosNadja Weiss
Coñecido/a porThe Aesthetics of Resistance
PremiosPrêmio Georg Büchner, Heinrich Mann Prize, Charles Veillon prize in the German language, Preis der SWR-Bestenliste e Heinrich-Böll-Preis
editar datos en Wikidata ]

Peter Weiss, nado en Nowawes, preto de Potsdam, o 8 de novembro de 1916 e finado en Estocolmo, Suecia, o 10 de maio de 1982, foi un escritor, pintor, deseñador gráfico e cineasta alemán nacionalizado sueco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pai xudeu e nai cristiá viuse na obriga de abandonar Alemaña tras a suba ao poder do nazismo, trasladándose coa súa familia a Londres. En 1939 marchou a Estocolmo, onde viviría o resto da súa vida, adquirindo a nacionalidade sueca en 1946.

Politicamente foi membro activo do Partido Comunista de Suecia, participando no tribunal popular contra a guerra de Vietnam que Bertrand Russell deseñou en 1967.

A súa principal obra foi a peza teatral Marat/Sade, exemplo de metafición, de forte compromiso político e influencia brechtiana. Algúns críticos ven nesta obra unha síntese de varias correntes teatrais modernas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Peter_Weiss&oldid=4599411"